Jesús Taboada Roca, nado en Melide en 1901 e finado no mesmo concello o 17 de xaneiro de 1943, foi un médico e político galego.
Traxectoria Fixo o bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela, que rematou en 1917.El Correo de Galicia, 2-6-1917, p. 2. Foi sarxento do Rexemento de Zaragoza (1923).El Compostelano, 19-6-1923, p. 2. Rematou os estudos de medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1927.El Diario de Pontevedra, 21-5-1927, p. 2. Foi médico de Antas de Ulla (1928-1931),La Provincia, 5-1-1928, p. 1. e médico e inspector de sanidade de Toques a partir de 1931.BOP A Coruña, 26-10-1931, p. 2. Militande do Partido Galeguista dende xaneiro de 1936, figura como afiliado de Falange e enlace secreto de Falange no PG dende febreiro de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colaborou coas milicias e a Garda Civil. Finou en Melide o o 17 de xaneiro de 1943.Necrolóxica en El Correo Gallego, 19-1-1943, p. 2.
Vida persoal Casou con Casilda Pavón Salgado e foi pai de Jesús Taboada Pavón.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Falanxistas Categoría:Nados en Melide Categoría:Nados en 1901
Categoría:Finados en 1943