Kari Skjønsberg, nada o 17 de xaneiro de 1926 e finada o 6 de xaneiro de 2003, foi unha académica, escritora e feminista norueguesa.

Traxectoria Kari Skjønsberg naceu en Oslo (Noruega) o 17 de xaneiro de 1926. Durante a década de 1940, traballou no programa Lørdagsbarnetimen (lit. "A hora do sábado das crianzas"), da radio NRK. Nos 50, foi crítica literaria para o Arbeiderbladet e o Verdens Gang. Graduouse en 1953 cunha disertación sobre o desenvolvemento dos contos infantís en Noruega. Traballou como profesora asociada de Literatura Infantil na Statens bibliotekhøgskole (actual Universidade de Oslo e Akershus) entre 1968 e 1994. Así mesmo, presidiu a Asociación Norueguesa para os Dereitos das Mulleres entre 1972 e 1978. Escribiu varios libros sobre literatura infantil.

O premio Kari Skjønsberg estableceuse en 1996 na súa honra, coa primeira edición outorgada ao ano seguinte. A intención do premio é promover a investigación sobre literatura infantil e xuvenil. É concedido anualmente polo Departamento de Xornalismo e Estudos de Biblioteconomía e Información da Universidade de Oslo e Akershus.

Skjønsberg finou o 6 de xaneiro de 2003, e foi soterrada no cemiterio Vestre de Oslo.

Publicacións Historie og samfunn: åtte artikler 1956-1991 (1995). Kjønnsroller og leserroller: åtte artikler 1962-1992 (1995). ISBN 82-579-0048-6 7 papers on children's literature 1985-1994: in English, Deutsch, Français (1995). ISBN 82-579-0050-8 Ti artikler om barne- og ungdomslitteratur 1973-1993 (1993). Hvor var kvinnene?: elleve kvinner om årene 1945-1960 (1979). Hvem forteller?: om adaptasjoner i barnelitteratur (1979). ISBN 82-10-01836-1 Fernanda Nissen (1978). Kjønnsrollemønster i skandinaviske barne- og ungdomsbøker (1977). ISBN 87-01-51371-0 Camilla Collett (1976). Gavnlige og morende Fortællinger for Børn: Et utvalg av eldre norsk barnelitteratur (1974). ISBN 82-03-05296-7 Mannssamfunnet midt imot. Norsk kvinnesaksdebatt gjennom tre «mannsaldre» (1974). Kjønnsroller, miljø og sosial lagdeling i barnelitteraturen (1972).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Feministas de Noruega Categoría:Finados en 2003 Categoría:Nados en 1926 Categoría:Escritores en lingua norueguesa Categoría:Escritores de Noruega