Microsoft Gaming é unha división de Microsoft de videoxogos e entretemento dixital, con sede en Redmond, Washington, establecida en 2022. As súas cinco etiquetas de desenvolvemento e publicación son: Xbox Game Studios, Bethesda Softworks (editora de ZeniMax Media), Activision, Blizzard Entertainment e King (as tres últimas son editoras de Activision Blizzard). Produce as consolas de videoxogos Xbox e os seus servizos, ademais de supervisar a produción e as vendas, e está liderada polo CEO Phil Spencer, que supervisa Xbox desde 2014.
Antes de 2022, Microsoft tiña varias liñas de produtos relacionadas cos videoxogos, incluíndo hardware de Xbox, operacións de Xbox e estudios de desenvolvemento de xogos. Microsoft Gaming foi creada co anuncio dos plans de Microsoft de adquirir Activision Blizzard e unificar todos os grupos de xogos de Microsoft nunha única división. Coa finalización da adquisición de Activision Blizzard en 2023, Microsoft converteuse nunha das maiores compañías de xogos, a terceira por ingresos e a maior por emprego. A empresa ten 500 millóns de xogadores activos mensuais en tódalas súas plataformas de xogos.
A división posúe propiedade intelectual dalgunhas das máis populares, mellor vendidas e maiores franquías de videoxogos de tódolos tempos, incluíndo Call of Duty, Candy Crush, Warcraft, Halo, Minecraft e The Elder Scrolls.
Notas
Categoría:Microsoft