O Frölunda HC Dam é un equipo feminino profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Gotemburgo (Suecia). O equipo creouse en 2022 e actualmente compite na Svenska damhockeyligan (SDHL), a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino sueco. Xoga os seus partidos como local no Frölundaborgs isstadion, un pavillón con capacidade para 6 044 persoas.

En 2025 o Frölunda conseguiu o seu primeiro campionato sueco.

Historia O 11 de outubro de 2021 o Frölunda anunciou que adiantaba a creación do seu equipo feminino para que puidese comezar a competir na tempada 2022-23. A decisión do club estivo motivada polo incremento das actividades para nenas nos catro anos anteriores e o éxito da escola de hóckey para nenas que iniciara a súa actividade en agosto dese mesmo ano. En palabras de Mikael Ström, director da Academia do Frölunda:

miniatura|esquerda|250px|Kim Martin Hasson foi nomeada primeira directora deportiva do equipo.

A persoa escollida para a dirección deportiva do novo equipo foi a antiga porteira da selección sueca Kim Martin Hasson, de 35 anos. Inicialmente o equipo competiría na Nationella Damhockeyligan (NDHL) co obxectivo de ascender á máxima categoría, a Svenska damhockeyligan (SDHL).

O 22 de novembro de 2021 o Frölunda facía pública no seu sitio web a contratación de Erika Holst como adestradora do seu equipo feminino a partir da tempada 2021-22. Holst, antiga xogadora e integrante da selección sueca que fixo historia na primeira década do século XXI, fora anteriormente xefa de desenvolvemento do hóckey feminino na Federación Sueca de Hóckey sobre Xeo. Holst asinou un contrato por tres tempadas, quedando vinculada ao club de Gotemburgo ata a primavera de 2025, e comezou os seus labores como adestradora xefa do equipo o 1 de maio de 2022.

O equipo debutou na Nationella Damhockeyligan (NDHL) no outono de 2022 coa intención de ascender á SDHL para a tempada 2023-24. No seu primeiro partido reuniron a 2 756 persoas nas bancadas que presenciaron a primeira vitoria das xogadoras de Holst sobre as Malmö Redhawks (10-0), e axiña se consolidaron como un equipo dominante na NDHL e derrotaron a todos os seus rivais da súa división para alzarse coa vitoria na Damettan Södra cun rexistro de 21 vitorias, todas elas no tempo regulamentario, noutros tantos partidos, e anotando 244 goles por tan só 7 tantos encaixados. A racha gañadora continuou na HockeyAllsvenskan Södra (seis vitorias no tempo regulamentario noutros tantos partidos), e logo de conseguir a vitoria fronte o IF Troja-Ljungby na primeira rolda dos play-offs da conferencia, e o IF Björklöven na segunda, sen encaixar ningún gol nestes enfrontamentos, o Frölunda accedeu á serie clasificatoria da SDHL. Logo de xogar dous encontros de cualificación, o 15 de maio o equipo conseguiu o ascenso á SDHL, pechando así unha tempada con 35 vitorias e na que destacou especialmente a figura da xogadora finlandesa Michelle Karvinen, que asinou unha marca de 114 punto (62 goles e 52 asistencias) en 20 partidos da NDHL.

miniatura|250px|As xogadoras do Frölunda celebrando o seu primeiro campionato sueco no xeo do Scandinavium.

Na tempada 2024–2025 o Frölunda conquistou o seu primeiro campionato sueco logo de derrotar nas finais o Luleå HF por 3-0.

O Frölunda non puido revalidar o título na tempada 2025-26. O equipo de Gotemburgo realizou unha boa liga regular, finalizando na primeira posición da táboa clasificatoria. Nas finais as xogadoras de Holst comezaron perdendo os dous primeiros partidos no Scandinavium, e o 27 de marzo caeron no terceiro partido disputado no Monitor ERP Arena de Gävle ante 6 851 persoas (6-2), a pesar de que as xogadoras visitantes conseguiron adiantarse no marcador no minuto 11 grazas a un gol de Felizia Wikner Zienkiewicz a pase de Tuva Kandell (0-1).

Pavillón miniatura|250px|O Frölunda xoga os seus partidos como local no Frölundaborgs isstadion. O Frölunda xoga os seus partidos como local no Frölundaborgs isstadion, un pavillón inaugurado en 1967 e que se converteu na primeira pista de xeo cuberta da cidade de Gotemburgo, e foi a casa do equipo masculino do Frölunda ata o seu traslado ao Scandinavium en 1971. O Frölundaborgs isstadion ten capacidade para 6 044 persoas.

O Frölunda ten xogado tamén partidos no Scandinavium, como o partido decisivo das finais da SDHL na tempada 2024-25, no que derrotou por 3-2 ao Luleå para conquistar o primeiro campionato sueco da súa historia ante 8 488 persoas, establecendo así un novo récord de asistencia no hóckey sobre xeo feminino sueco..

Personalidades Xogadoras Capitás En agosto de 2022, poucos días antes de que o equipo disputara o seu primeiro partido amigable, o Frölunda anunciou que a internacional sueca Hanna Olsson sería a primeira capitá do equipo. Xunto con ela, como capitás suplentes estiveron a finlandesa Michelle Karvinen e a tamén sueca Karin Svedberg. Olsson continuou como capitá as dúas seguintes tempadas, sendo a única xogadora que luciu o C no seu peito na curta historia do equipo:

Capitás do Frölunda HC Dam Nome(s) Período Hanna Olsson 2022–

Adestradoras miniatura|250px|Erika Holst, primeira adestradora do Frölunda, en 2022. Na súa curta historia, o Frölunda tivo tan só unha adestradora, a ex xogadora sueca Erika Holst, que en novembro de 2021, aos 42 anos, converteuse na primeira adestradora do equipo de Gotemburgo, co que asinou un contrato por tres tempadas, quedando así vinculada ao club ata a primavera de 2025.

Adestradoras do Frölunda HC Dam Nome(s) Período Erika Holst 2022–

Palmarés Trofeos colectivos SDHL 1 campionato de liga: 2025 1 medalla de prata como finalista dos play-offs: 2026

Trofeos individuais Guldhjälmen (en galego Casco dourado): entregado anualmente á mellor xogadora da SDHL por votación das propias xogadoras desde a tempada 2019-20. Unha xogadora do equipo recibiu o galardón: Elisa Holopainen: 2025

Notas

Véxase tamén Outros artigos Frölunda HC (equipo masculino do club)

Ligazóns externas Sitio web

Categoría:Frölunda HC Dam Categoría:Gotemburgo