miniatura| Obras de Claudio Claudiano. Claudio Claudiano (en latín: Claudius Claudianus), nado en Alexandría en 370 e finado en Roma en 405, foi un poeta romano na corte do emperador romano Honorio.

Traxectoria Escribiu en latín e grego, pero a maioría das súas obras perdéronse. Era natural de Alexandría, pero descoñécese cal foi a súa formación e actividades nos primeiros anos da súa vida, os motivos da súa emigración a Roma e cando se produciu. Porén, hai probas da súa presenza alí en 395 cando escribiu un panexírico sobre o consulado de Probino e Olibrio. Grazas aos seus dous mecenas, Probino e Olibrio, converteuse en poeta da corte. Recibiu o tratamento de vir illustris e erguéuselle unha estatua e un obxecto seleccionado pola esposa de Estilicón, Serena. Considérase un gran poeta, pero na actualidade atribúeselle algúns defectos que lle impiden ser considerado o mellor da súa época. Morreu despois de 404, xa que o sexto consulado de Honorio é o último acontecemento histórico mencionado nas súas obras.

Obras Ademais do panexírico sobre Probino e Olibrio, tamén escribiu sobre os feitos de Estilicón e unhas invectivas contra os seus rivais na corte de Arcadio. A maioría das obras perdéronse e as que se conservan son fragmentarias: Panegyricus dictus Probino et Olybrio consulibus. In Rufinum. De Bello Gildonico. In Eutropium. Fescennina / Epithalamium de Nuptiis Honorii Augusti. Panegyricus de Tertio Consulatu Honorii Augusti. Panegyricus de Quarto Consulatu Honorii Augusti. Panegyricus de Consulatu Flavii Manlii Theodori. De Consulatu Stilichonis. Panegyricus de Sexto Consulatu Honorii Augusti. De Bello Gothico (sobre a Guerra Gótica de 402-403). Poemas menores: Epithalamium Palladio et Celerinae ; de Magnete; de Crystallo cui aqua inerat. Epopea de temática mitolóxica: O rapto de Proserpina e a xigantomaquia. Épica de temática contemporánea: A guerra contra Gildon, A guerra contra os Godos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Textos en liña: Claudiano, selección de textos latinos e traducións de M. Platnauer, 1922 Outros textos en liña: Claudiano, rapto de Proserpina & Xigantomaquia traducido por M. Platnauer, 1922

Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:nados en 370 Categoría:Finados en 404 Categoría:Personalidades de Alexandría na Antigüidade Categoría:Escritores en lingua ladina