Maarja Kangro, nada en Talín o 20 de decembro de 1973, é unha poetisa, escritora de contos, novelista, ensaísta, escritora de non ficción e libretista estoniana.

Pertence á Unión de Escritores de Estonia dende 2007 e, en 2024, converteuse na súa presidenta.

Traxectoria É filla do compositor Raimo Kangro e da autora Leelo Tungal. Estudou inglés na Universidade de Tartu. Escribiu varios libretos para compositores estonianos e traduciu a varios autores do italiano (Giacomo Leopardi, Andrea Zanzotto, Valerio Magrelli, Giorgio Agamben), do inglés, do alemán (Hans Magnus Enzensberger) e doutros idiomas.

Estilo A súa poesía é intelectual e intertextual e adoita emprega-la ironía e os diferentes significados en palabras e situacións. Na prosa, se interesa por unha visión cosmopolita da vida actual onde as relacións humana e a sociedade son tratadas por igual.

Obras

Libros propios

2006 Kurat õrnal lumel (poemas). 2006 Puuviljadraakon (libro infantil). 2007 Tule mu koopasse, mateeria (poemas). 2008 Heureka (poemas). 2010 Ahvid ja solidaarsus (contos). 2010 Kunstiteadlase jõulupuu (poemas). 2012 Dantelik auk (contos). 2013 Must tomat (poemas). 2014 Hüppa tulle (contos e unha novela). 2016 Klaaslaps (novela). 2018 Minu auhinnad (non ficción). 2019 Tuul (poesía). 2019 Varietee (selección de traducións de poesía). 2020 Kaks pead (colección de libretos con epílogo). 2020 Isa kõrvad (libro infantil).

Traducións

2011 La farfalla dell'irreversibilità (poemas do italiano). 2012 Обезьяны и солидарность (contos do ruso). 2013 Чёрный помидор (poesía do ruso). 2018 Stikla bērns (novela do letón). 2018 Kind aus Glas (novela do alemán). 2019 Фруктовый дракон (libro infantil do ruso). 2020 Stiklo vaikas (novela do lituano).

Libretos e outros textos para música

1999 Süda, ópera de Raimo Kangro (con Kirke Kangro). 2005 Kaubamaja, ópera de Tõnis Kaumann. 2006 Tuleaed e Mu luiged, mu mõtted, óperas de Tõnu Kõrvits. 2007 To Define Happiness, traballo multimedia de Gavin Bryars e Peeter Jalakas. 2008 Monument Muneja-Kukele ehk Kuked ja kanad, cantata de Timo Steiner. 2009 Tartumaa täditütar, ópera de Tõnis Kaumann. 2011 Kaks pead, ópera de Timo Steiner.

Premios

2006 Estonian Children's Literature Centre's Best Book of the Year Award (Premio ao mellor libro do ano do Centro de Literatura Infantil de Estonia) por Puuviljadraakon (Dragón de froitas). 2008 Premio literario da Universidade de Talín por Tule mu koopasse, mateeria. 2009 Premio literario da Universidade de Talín por Heureka. 2009 Estonian Cultural Endowment's Literary Award (en galego, Premio Anual de la Fundación de Literatura estoniana), pola poesía, Heureka. 2011 Estonian Cultural Endowment's Literary Award Premio Anual de la Fundación de Literatura estoniana), pola obra en prosa, Ahvid ja solidaarsus (Os monos e a solidariedade). 2011 Friedebert Tuglas Short Story Award (en galego, Premio de Cuento Friedebert Tuglas), por 48 tundi. 2014 Friedebert Tuglas Short Story Award, por Atropose Opel Meriva. 2016 Premio literario da Universidade de Talín pola tradución de "Der Untergang der Titanic" (O afundimento do Titanic) de Hans Magnus Enzensberger). 2016 Erster Rödermarkscher Literaturpreis, polo poema "Der Ex" / "Vana armuke". 2020 Premio literario da Universidade de Talín en poesía e tradución (por "Tuul" e "Varietee"). 2023 Premio do Fondo Cultural de Estonia por tradución ao estoniano da poesía do italiano Valerio Magrelli.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Talín Categoría:Tradutores de Estonia Categoría:Escritores de Estonia Categoría:Poetas de Estonia Categoría:Escritores en lingua estoniana Categoría:Poetas en lingua estoniana Categoría:Alumnos da Universidade de Tartu Categoría:Tradutores ao estoniano