Paks Margareeta é unha torre de Talín, en Estonia. Hoxe en día, a torre é sede do Museo Marítimo de Estonia.

Historia A torre foi construída a principios do século XVI (de 1511 a 1530) durante a reconstrución do sistema de portas da cidade medieval. A etimoloxía do nome da torre deriva de que era a maior parte das fortificacións da cidade con muros de 25 metros de diámetro, 20 metros de altura e ata 5 metros de grosor. Ademais de ser unha fortificación contra os posibles invasores do porto da cidade, tamén foi construída para impresionar aos visitantes externos que chegaban por mar.

A torre é unha estrutura defensiva ao final da Pikk tänav (rúa Pikk). Xunto co Suur Rannavärav (Gran Porta Costeira), un arco do século XVI franqueado por dúas torres, serviu para defender o porto de Talín. Posteriormente, utilizouse como almacén de pólvora e armas, para logo transformarse en prisión, e foi escenario dun estalido de violencia durante a Revolución de 1917, cando os gardas da prisión foron asasinados por unha turba de obreiros, soldados e mariñeiros."Paksu Margareeta lahendamata saladus". Rahvaleht nr 214, 16 de novembro de 1938. Lk 4 Na década de 1920 proxectouse a súa transformación nunha casa de artistas. TA torre foi reconstruída entre 1978 e 1981 para albergar o Museo Marítimo de Estonia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Museo Marítimo de Estonia Arquitectura de Estonia

Categoría:Talín