miniatura|dereita|As linguas chibchas de América eran a principal familia lingüística do actual territorio de Panamá antes da invasión española. En Panamá fálanse cando menos 19 linguas. Entre o 87 e 88% da poboación panameña sabe ler e escribir.

A lingua maioritaria e oficial é o castelán panameño, o cal ten 2.100.000 falantes. Hai 128.000 falantes de ngäbere, 268.000 falantes de crioulo de Panamá (de base inglesa e con influencia de linguas africanas), 57.000 falantes do guna, 15.000 falantes de árabe, 10.000 falantes de emberá setentrional e 6.000 falantes de chinés hakka.

Linguas minoritarias Panamá ten 3.000 falantes de wounaan e teribe, 2.500 falantes de buglere, 1.200 falantes de xaponés, 3.000 do francés e 5.000 de patois (tamén coñecido como patwa ou patúa).

Linguas sen estatísticas O chinés yue (cantonés), e as linguas yiddish oriental, hebrea e coreana tamén se falan no país pero os seus números son descoñecidos.

Linguas indíxenas A meirande parte de Panamá antes da conquista española parece que estaba poboada por pobos que falaban linguas da familia lingüística chibcha, á cal pertencen o ngäbere, o teribe, o guna, o buglere e o bribri. Tamén houbo pobos nativos cuxas linguas facían parte da familia lingüística chocó, á que pertencen o emberá e o wounaan.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía W. Adelaar (2007): The Languages of the Andes. coa colaboración de P.C. Muysken. Cambridge language survey. Cambridge University Press. ISBN 9780521368315