Concepción Rodríguez Álvarez, máis coñecida como Concha de Luneda, nada en Arbo en 1929 e finada en Luneda (A Caniza) o 29 de novembro de 2019, foi unha cantareira galega.
Traxectoria Aínda que naceu en Arbo, en 1936 trasladouse coa súa nai a Visticovo (Parada das Achas). Traballou no agro, pero máis tarde emigrou a Cataluña. Tamén vendeu peixe. O seu pai era de Portugal, polo que coñecía bastantes cancións tradicionais portuguesas. Foi sancristá da igrexa de Luneda.
Destacou polo seu amplo repertorio de cantigas.
Homenaxes e influencia A súa obra está presente en moitos artistas, como o grupo Xistra de Coruxo, Flow do Toxo, Davide Salgado, Guadi Galego etc. O programa número 14 de Alalá estivo dedicado a ela. Adoitaba participar no programa "Lume na palleira" da Radio Galega.
En 2023, foi homenaxeada no XXIV Memorial Ricardo Portela. Nese mesmo ano, Xerardo F. Santomé publicou un libro sobre ela.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Cancioneiro Popular Galego
Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Arbo Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Día das Letras Galegas Categoría:Cantareiras galegas