Eeve Kivi, nada en Paide o 8 de maio de 1938 e máis coñecida como Eve Kivi é unha actriz estoniana.Peter Rollberg (2009). Historical Dictionary of Russian and Soviet Cinema. US: Rowman & Littlefield. pp. 356–357. ISBN 978-0-8108-6072-8. É coñecida pola súa participación en filmes como Sampo (1959), Viimne reliikvia (1969) e Ne mozhet byt! (1975).

Traxectoria O pai de Eve Kivi foi Johannes Kivi (1912-1955), que era un oficial de seguridade soviético (xefe do Departamento do Condado de Viru da RJRK da RSS de Estonia) e máis tarde comisario de Asuntos Relixiosos da RSS de Estonia.

En 1959 formouse na escola de formación de teatro dramático de Estonia. Traballou en Tallinnfilm e Mosfilm. Desde 1955 protagonizou preto de 50 filmes.

De 1965 a 1972 estivo casada co patinador de velocidade Ants Antson. Nalgunhas películas, aparece acreditada como Kivi-Antson, usando o apelido do seu marido. Mantivo unha relación romántica co cantante estadounidense Dean Reed.

En 1983 foi nomeada Artista Meritoria da RSS de Estonia e en 2013 recibiu a Orde do Mérito de Talín. Tamén foi membro da Academia Nacional de Ciencias.

Filmografía selecta 1959 Vallatud kurvid (personaxe: Evi) 1959 Sampo (personaxe: Annikki) 1961 Ohtlikud kurvid (personaxe: Evi) 1969 Viimne reliikvia (personaxe: Ursula) 1974 Ohtlikud mängud (personaxe: nai de Vivian) 1975 Briljandid proletariaadi diktatuurile (personaxe: muller nun restaurante) 1992 Need vanad armastuskirjad (personaxe: nai de Alice) 1994 Tulivesi (personaxe: Lulu)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Dean Reed

Categoría:Nados en 1938 Categoría:Nados en Estonia Categoría:Actores de cinema de Estonia