Mati Unt, nado en Linnamäe, Voore, no condado de Jõgeva o 1 de xaneiro de 1944 e finado en Talín o 22 de agosto de 2005, foi un escritor, ensaísta e director de teatro estoniano.
Traxectoria A súa primeira novela, escrita con 18 anos logo de rematar o bacharelato, foi Hüvasti, kollane kass. Completou a súa formación en literatura, xornalismo e filoloxía na Universidade de Tartu. Despois diso, exerceu como director do Teatro Vanemuine de 1966 a 1972, ocupou o mesmo cargo no Teatro Xuvenil até 1991, e despois no Teatro Dramático Estoniano até 2003, cando se converteu en escritor autónomo.
Unt casou coa xornalista e guionista de televisión Ela Tomson dende 1965, até o seu divorcio en 1973.
Uniuse á Unión de Escritores de Estonia en 1966. En 1980, foi nomeado escritor de honra da RSS de Estonia, e ese mesmo ano converteuse nun dos asinantes da Carta dos 40 intelectuais. No ano 2000 recibiu a Orde da Estrela Branca.
No ano 2005, pouco antes do seu pasamento, converteuse en profesor de artes liberais na universidade. Está enterrado no cemiterio de Metsakalmistu en Talín.
Obras Catro novelas sucesivas, Võlg (1964), Elu võimalikkusest kosmoses (1967), Kuu nagu kustuv päike (1971) e Must mootorrattur (1976), estabeleceron a súa reputación escritor de sona. Ademais, foi fundamental para levar o teatre de vangarda á Estonia post-soviética.
Diversas das súas novelas foron adaptadas ao cinema dende a súa morte, incluíndo Sügisball en 2007 por Veiko Õunpuu.
Novelas e contos Hüvasti, kollane kass (1963) Võlg (1964) Elu võimalikkusest kosmoses (1967) Mõrv hotellis (1969) Kuu nagu kustuv päike (1971; selección) Tühirand (1972) Ja kui me veel surnud ei ole, siis elame praegugi (1973) Mattias ja Kristiina (1974; selección) Via regia (1975) Must mootorrattur (1976; selección) Sügisball (1979) Räägivad (1984) Räägivad ja vaikivad (1986) Öös on asju (1990) Doonori meelespea (1990) Tere, kollane kass! (1992) Brecht ilmub öösel (1996)
Representacións miniatura|Banco conmemorativo de Mati Unt en Mustamäe. See maailm või teine (1966) Phaethon, päikese poeg (1968) Charley tädi (1970, dramatización) Südasuvi 1941 (1970, dramatización) Viimnepäev (1972) Kolm põrsakest ja hea hunt (1973) Good-bye, baby (1975) Kümme neegrit (1976) Peaproov (1977) Vaimude tund Jannseni tänaval (1984) Huntluts (1999, obras baseadas en motivos de Oskar Luts) Graal! (2001)' Stiil ehk Mis on maailma nimi Meister ja Margarita (2001, unha obra de teatro baseada na novela homónima de Mikhail Bulgakov) Vend Antigone, ema Oidipus (2006, unha obra de teatro baseada nas traxedias de Sófocles e Eurípides)
Notas
Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Dramaturgos do século XX Categoría:Escritores de Estonia Categoría:Escritores en lingua estoniana