O Museo de Arte de Tartu (en ) é un museo estatal de arte que se atopa en Tartu, Estonia. Fundouse no ano 1940 por iniciativa privada dos membros da escola de arte local Pallas. Este é o meirande museo de arte do sur de Estonia.
A colección principal está formada por obras de arte de artistas estonianos e estranxeiros, asociados a Estonia, dende o século XVIII até o presente. A colección inclúe uns 23.000 artigos. O museo presenta exposicións temporais extraídas da colección do museo e en colaboración con museos e galerías de Estonia e estranxeiras. As exposicións celébranse nun edificio histórico situado ao lado da praza do concello de Tartu.
Historia do museo miniatura|Interior do museo.|302x302px No ano 1918, a asociación artística Pallas estabeleceu a Escola Superior de Arte Pallas, que despois tería un papel clave na educación artística local. Vinte anos despois da constitución da asociación Pallas, decidiuse a creación dun museo, e o 17 de novembro de 1940 o Concello de Tartu asinou un decreto para a creación do museo de arte, que estaba situado en Suurturg, 3 (hoxe Praza Raekoja, 3). No verán de 1941, o Museo Etnográfico Estatal (agora Museo Nacional de Estonia) doou a súa colección de arte do século XX ao Museo de Arte.
Durante a guerra, o museo tivo que ser trasladado varias veces. A situación máis crítica produciuse en 1943 cando, durante un bombardeo, caeu un edificio de ladrillo de Lai 17, que daquela albergaba a colección. Porén, a maior parte da colección foi gardada. Despois dunha serie de mudanzas, en 1946 o museo foi estabelecido en dúas plantas dun edificio en Vallikraavi, 14. Co paso do tempo o edificio foi reconstruído para as necesidades do museo. Inicialmente había almacéns e salas de exposicións, pero en 1999 decidiuse pechalo aos visitantes para conservar mellor a crecente colección de arte. O edificio contén no presente almacéns, administración, oficinas de empregados, talleres de restauración, biblioteca e arquivos.
Dende 1988, o Museo de Arte de Tartu tamén utiliza as salas da Casa Inclinada.
O Museo de Arte de Tartu tivo dous museos persoais de artistas únicos: o museo Anton Starkopf en Tartu (1972–1997) e o museo Eduard Kutsar en Elva (1971–2012).
A dirección Rael Artel Entre 2013 e 2017, o Museo de Arte de Tartu foi dirixido por Rael Artel, unha comisaria de arte e galerista independente. Antes de traballar no museo, fora comisaria independente, traballando en exposicións internacionais de arte contemporánea en Estonia e no estranxeiro. Como comisaria convidada, Rael Artel traballou co Museo de Arte Kumu en Talín e co Museo de Arte de Lodz, Polonia. Segundo a proposta do comité de competencia, o ministro de Cultura Indrek Saar e Rael Artel asinaron un contrato de traballo por un novo mandato en 2016. Rael Artel deixou o Museo de Arte de Tartu en xuño de 2017.
Signe Kivi A partir do 26 de xuño de 2017, Signe Kivi asumiu o cargo de directora do museo. Antes diso, foi ministra de Cultura da República de Estonia (1999-2002), membro do Parlamento (2002-2005) e reitora da Academia das Artes de Estonia (2005-2015). En 2019 Kivi deixou o cargo para converterse en membro do Parlamento.
O edificioː a Casa Inclinada Dende 1988, as exposicións do Museo de Arte de Tartu celebráronse no edificio coñecido como Casa Inclinada, situado na Praza Raekoja, 18. Construído en 1793, o edificio pertencía a unha familia nobre, Barclay de Tolly. A Casa Inclinada recibiu este nome porque co paso dos anos o edificio comezou a inclinarse a un lado debido aos diferentes materiais empregados nos seus alicerces. Porén, despois da restauración por expertos polacos, deixou de "caer" e mantense estable.
O edificio consta de tres andares con exposicións temporais, unha aula didáctica e unha libraría especializada.
A colección do museo A fundación da colección do museo comezou con 133 obras de artistas da asociación artística Pallas. A primeira entrada no catálogo foi Interior, de Ida Anton-Agu. O legado da asociación artística Pallas é unha parte importante da colección, que inclúe obras de Nikolai Triik, Konrad Mägi, Ado Vabbe, Aleksander Vardi, Karin Luts e outros.
Ademais de artistas de Pallas, o museo tamén acolle obras das figuras máis importantes da arte estoniana do século XIX, como Johann Köhler (período do espertar nacional estoniano) e Julie Wilhelmine Hagen-Schwartz (alemáns do Báltico).
A colección do museo tamén inclúe obras de famosos artistas rusos e doutros países. A escola rusa está representada por Ivan Aivazovskii, Ivan Shishkin, Maximilian Voloshin, Konstantin Somov, Mikhail Larionov, Natalia Goncharova e outros.
En total, o museo conta cunhas 23.000 obras de arte. As coleccións do museo consisten en pinturas, debuxos, gráficos, esculturas e formas de arte contemporánea (fotografía, videoarte, performance, arte sonora, instalacións).
Nos últimos anos, algunhas das exposicións de arte moderna do museo iniciaron un amplo debate público sobre os méritos e os límites da arte. As exposicións máis controvertidas foron MÖH? FUI! ÖÄK! OSSA! VAU! en 2012, que expón as obras de arte estonianas máis escandalosas desde os anos 90, e A miña Polonia. Sobre a lembranza e o esquecemento en 2015, que expuxo arte polaca moderna sobre o Holocausto.
Selección de obras
Notas
Véxase tamén
Categoría:Museos de Estonia Categoría:Tartu