A expresión vida media ten distintas acepcións segundo o contexto:

En física nuclear fai referencia á vida media (física) dun núcleo atómico. Algunhas veces emprégase incorrectamente como sinónimo de período de semidesintegración e de semivida (física) mais non é sinónimo porque semivida, é un termo máis xeral que período de semidesintegración, o cal soamente está definido para substancias radioactivas. A definición e a determinación experimental de semividas non implican nin uso de logaritmos ou exponenciais, nin de velocidade de reacción ou desintegración. En ciencias biolóxicas e da saúde (bioquímica, farmacoloxía, medicina etc.) a vida media dunha substancia é o tempo que tarda unha substancia (por exemplo, un metabolito, unha droga, unha molécula sinalizadora, un núclido radiaoctivo ou calquera outra) en perder a metade do seu efecto bioquímico, fisiolóxico, farmacolóxico, ou a súa actividade radiolóxica, segundo a definición da MeSH. Véxase tamén: semivida. En demografía fai referencia á esperanza de vida