O Orfeón Coruñés foi unha agrupación coral fundada por Pascual Veiga na Coruña en 1878, considerándose o primeiro orfeón da cidade e de Galicia. Foron directores do orfeón Pascual Veiga (1978-1880) e José Castro Chané.
Pascual Veiga, co apoio, entre outros de Canuto Berea, quixo imitar así o modelo de orfeonismo que estaba a producirse en Cataluña e outros países, convencido do papel da música na educación dos pobos, pero tamén dar cabida á música que estaba compoñéndose naquel intre histórico na Coruña e Galicia.
Finalmente, o Orfeón Coruñés, tras a dimisión de Pascual Veiga como o seu director en 1880, disolverase en 1882, malia que xa naquel entón o fenómeno das sociedades corais se estendera e ao longo desa década se fundarán na cidade novos orfeóns que, na súa maioría, estiveron dirixidos por Pascual Veiga nalgún momento (Orfeón Brigantino, Orfeón El Eco, Orfeón Coruñés número 4).
De todos os orfeóns creados naquela época na Coruña, unicamente o Orfeón La Azucena (creado en 1882) tivo unha existencia completamente allea ao músico mindoniense.
Notas
Categoría:Grupos musicais da Coruña Categoría:Corais polifónicas de Galicia