Marcos Dieste Trillo, nado en Vilagarcía de Arousa o 15 de xuño de 2001, é un filólogo clásico galego.
Traxectoria Cursou o Bacharelato en Vilagarcía de Arousa, e o grao de Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago de Compostela, así como o Mestrado en Formación do Profesorado na mesma Universidade. Obtivo o Premio Fin de Carreira e o Premio Fin de Mestrado outorgados pola Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, obtivo o Premio ao mellor Traballo de Fin de Mestrado no ámbito da didáctica concedido pola Asociación Ganimedes. En 2025 elaborou unha tese sobre oráculos gregos na Universidade de Santiago de Compostela.
É presidente da Asociación Estatal Ganimedes.
Publicacións Los epítetos de las divinidades en los oráculos hexamétricos de Dídima (Habis 55, Editorial Universidad de Sevilla).https://sftpinstitu.us.es/revistas/habis/55/2_Dieste__HABIS_55.pdf
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 2001
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes