Ruski konzul (en ) é un filme serbio de 2024 dirixido por Miroslav Lekić. O guión foi escrito por Miroslav Lekić, Vladimir Tabašević e Igor Bojović baseándose na novela homónima de Vuk Drašković. Está ambientado na década de 1970, que se pode considerar unha época clave da crise de Kosovo-Metohija, que definiu a futura coexistencia de serbios e albaneses en Kosovo e Metohija. Estreouse na 52ª edición Festival Internacional de Cinema FEST o 3 de marzo de 2024. Estreouse nos cinemas o 7 de marzo do mesmo ano.EKSKLUZIVNE FOTKE SA SNIMANJA "RUSKOG KONZULA"! Žarko Laušević snima film o Srbima sa Kosova (FOTO) consultado o 4 de maio de 2025 U toku je snimanje filma Miroslava Lekića „Ruski konzul“, po romanu Vuka Draškovića Consultado o 4 de maio de 2025 „Ruski konzul“ se privodi kraju: Šta da očekujemo? Consultado o 4 de maio de 2025

Foi escollido como candidato de Serbia para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Žarko Laušević como Ljuba Božović Nebojsa Dugalić como Ilija Jugović Viska Viska como Halit Berisha Nada Macankovic como Vida Murici Danica Radulovic Svetozar Cvetkovic Paulina Manov Konstantin Fidanov Petar Zekavica

Produción A rodaxe durou arredor de 2 meses no período dende o 15 de maio até o 13 de xullo de 2023 en lugares como Belgrado, Požarevac e Mladenovac.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Serbia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua serbia Categoría:Filmes de Serbia