Veronika Eduardovna Kudermetova, nada en Kazán o 24 de abril de 1997, é unha tenista profesional rusa. Na modalidade individual acadou o posto 9 da clasificación mundial WTA o 24 de outubro de 2022, a súa mellor marca. O seu mellor posto na clasificación de dobres foi o 2, logrado o 6 de xuño de 2022. En dobres gañou oito títulos WTA, entre eles tres WTA 1000, e os WTA Finals 2022 con Elise Mertens. Ademais, foi subcampioa de Wimbledon en 2021 con Elena Vesnina. Tamén gañou dous torneos WTA na modalidade individual.
Kudermetova gañou o seu primeiro torneo individual WTA en 2021, o Charleston Open. A súa primeira vitoria en dobres WTA foi en 2019, o Wuhan Open, xunto con Duan Yingying.
Na Copa Billie Jean King, xogando para a o equipo ruso, Kudermetova ten un rexisto de 3 vitorias e 4 derrotas.
Vida persoal É filla de Eduard Kudermetov, campión ruso de hóckey sobre xeo. Kudermetova comezou a xogar tenis aos oito anos. A súa irmá máis nova, Polina, nada en 2003, tamén é tenista.
Está casada co adestrador e extenista Sergei Demekhine, cuxa clasificación máis alta foi 673.
Notas
Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Tenistas olímpicos de Rusia Categoría:Nados en Kazán Categoría:Nados en 1997