Anxo Tarrío Varela, nado en Santiago de Compostela o 11 de marzo de 1945, é un filólogo e profesor galego. Foi catedrático de filoloxía galega e portuguesa, na especialidade de literatura galega, na Universidade de Santiago de Compostela.

Traxectoria Estudou Mestría Industrial, Maxisterio e Filoloxía Románica na Universidade compostelá, e doutorouse cunha tese sobre a novelística de Benito Pérez Galdós na Universidade de Oviedo. Impartiu docencia de lingua española, lingüística xeral, crítica literaria e Teoría da Literatura nos colexios universitarios de Lugo (1973-78) e Vigo (1978-81). En 1981 incorporouse á Universidade da súa cidade natal como profesor de Literatura Galega. Dirixiu a sección de literatura do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades ata a súa xubilación en 2017.

Colaborou con artigos na prensa diaria galega en medios como El Correo Gallego, O Correo Galego, Galicia Hoxe e La Voz de Galicia.

Obra en galego Ensaio De letras e de signos (Ensaios de semiótica e crítica literaria) (1987). Vigo: Xerais. Col. Universitaria. 200 páxs. ISBN 978-8475072432. Álvaro Cunqueiro ou os disfraces da melancolía (1989). Vigo: Galaxia. Col. Agra aberta. 144 páxs. ISBN 978-8471546562. Opinións e xoguetes literarios (1992). Biblioteca 114, Editorial Compostela. Primeiras experiencias narrativas de Eduardo Blanco-Amor (1993). Vigo: Galaxia. 140 páxs. ISBN 9788471548467. Literatura galega. Aportacións a unha Historia Crítica (1994). Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-778-1. Recanto de cataventos (1996). Editorial Compostela/Caja de Madrid. 94 páxs. Colección de artigos. Escrito en Compostela (1997). Editorial Compostela/Consorcio de Santiago. 162 páxs. ISBN 84-8064-064-2. A baloira (2006). Vigo: Xerais. Col. Xornalismo. 512 páxs. ISBN 84-9782-351-6.

Edicións A escadeira de Jacob, de Eduardo Blanco-Amor (1993). Vigo: Galaxia. 120 páxs. ISBN 978-84-7154-867-2. De catro a catro. Manuscrito. Manuel Antonio (2016). Alvarellos. ISBN 978-84-16460-13-7.

Obras colectivas I Xornadas da Lingua Galega no Ensino, 1984, Santiago: Xunta de Galicia. Contra morte e amor, de Marina Mayoral, 1987, Vigo: Xerais. Cotradutor, con Blanca-Ana Roig e Xosé Antonio Palacio Sánchez. Celso Emilio Ferreiro (1912-1979). Unha fotobiografía, 1989, Vigo: Xerais. 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Xermolos. Actas do Simposio Internacional Otero Pedrayo no Panorama literario do século XX, 1990, Santiago: Consello da Cultura Galega. Maxina, de Marcial Valladares, 1991, Xerais. Edición con Blanca-Ana Roig e Margarita Neira. Álvaro Cunqueiro, 1992, Santiago: Universidade de Santiago de Compostela. Comentarios de textos contemporáneos, 1992, Vigo: Xerais. Eduardo Blanco-Amor: Día das Letras Galegas 1993, 1993, Santiago: Xunta de Galicia. Comentarios de textos populares e de masas, 1994, Vigo: Xerais. Acto literario en homenaxe a Rafael Dieste: 16 de maio de 1995, 1995, Santiago: Universidade de Santiago de Compostela. Tentativas sobre Dieste, 1995, Santiago: Sotelo Blanco. E dixo o corvo..., 1997, Santiago: Xunta de Galicia. Actas das I Xornadas das Letras Galegas en Lisboa, 1998, Santiago: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Diccionario de termos literarios, 1998, Santiago: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Homenaxe ó profesor Camilo Flores, 1999, Universidade de Santiago. Avilés de Taramancos: Día das Letras Galegas, 2003, Santiago: Universidade de Santiago de Compostela. Narradio. 56 historias no ar, 2003, Vigo: Xerais. Bases metodolóxicas para unha historia comparada das literaturas na península Ibérica, 2004, Santiago: Universidade de Santiago de Compostela. Coeditor, con Anxo Abuín González. Manuel Lugrís Freire: Día das Letras Galegas 2006, 2006, Santiago: Universidade de Santiago de Compostela. Xosé María Álvarez Blázquez: Día das Letras Galegas 2008, 2008, Santiago: Universidade de Santiago de Compostela. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Ourense: Difusora. Uxío Novoneyra: Día das Letras Galegas 2010, 2010, Santiago: Universidade de Santiago de Compostela. Lois Pereiro: Día das Letras Galegas 2011, 2011, Universidade de Santiago de Compostela. Roberto Vidal Bolaño: Día das Letras Galegas 2013, 2013, Universidade de Santiago de Compostela. Correspondencia (1928-1958). Cartas inéditas e dispersas, de Carlos Maside, 2015, Alvarellos.

Traducións O mundo en que vivín de Ilse Losa. (Hércules de Ediciones, 2019) A chave do Tamaño de Monteiro Lobato. (Hércules de Ediciones, 2022)

Premios Premio da Crítica Galicia de Investigación no 1995, por Literatura galega.

Obra en castelán Ensaio Lectura semiológica de Fortunata y Jacinta (1982) Cabido Insular de Las Palmas. ISBN 978-8450052350. Literatura Gallega. (1988). Madrid: Taurus. 1ª reimpresión 1990. Col. Historia Crítica de la Literatura Hispánica, 28. 280 páxs. ISBN 978-8430625284.

Premios Premio Internacional de investigación Galdós no 1979, por Lectura semiológica de Fortunata y Jacinta.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Lingüistas da lingua galega Categoría:Críticos literarios de Galicia Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1945 Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela