Maya Yamamoto, nada en Tokyo o 5 de febreiro de 1993, é unha futbolista xaponesa que xoga como centrocampista no INAC Kobe Leonessa.
Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol aos 7 anos e foi internacional co Xapón en categorías inferiores. Tras xogar no equipo da Universidade de Waseda, en 2016 recalou no fútbol español, fichando polo Valencia. Despois dunha campaña no club valenciano, sendo a única xaponesa da Primeira División española, e outra no Zaragoza, en 2018 converteuse na primeira xogadora asiática na historia do Deportivo da Coruña.
En xullo de 2020 fichou polo Espanyol, no que militou dous anos, antes de regresar no 2022 ao seu Xapón natal para xogar no INAC Kobe Leonessa.
Notas
Categoría:Nados en Tokyo Categoría:Nados en 1993 Categoría:Futbolistas do Xapón Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadoras do Deportivo da Coruña Feminino