Kiko Novoa é un xornalista galego nado en Culleredo en 1973.

Descrición Graduado en Xornalismo pola UDIMA, licenciado en Humanidades pola Universidade de Uppsala (Suecia), graduado en Xeografía e Historia pola UNED e graduado en Turismo pola Universidade da Coruña, posúe un mestrado en Filosofía Teórica e Práctica pola UNED e superou o Ciclo Superior en Idioma Sueco pola EOI Jesús Maestro de Madrid. Xornalista de ampla experiencia en radio, prensa e e televisión, foi redactor xefe do xornal DXT Campeón e traballou en Radio Culleredo, Radio Voz e La Voz de Galicia. Presentou diversos programas na TVG. Viviu en Suecia, onde foi profesor nas universidades de Uppsala e Gävle e correspondente para diversos medios de comunicación. Tras unha primeira etapa na Radio Galega, regresou de forma definitiva en 2008 para dirixir o programa nocturno deportivo "Caneando". Dende 2009 dirixe e presenta "Galicia por Diante", na actualidade na parte magacín, de luns a venres entre as 9:30 e as 14 horas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista de Gorka Zumeta "Kiko Novoa, del micro a la 'pala'", en El Progreso Kiko Novoa: "Pensei que a radio debía servir máis para escoitar que para falar", no CPXG

Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Culleredo