Carolina Bono, nada en Buenos Aires o 14 de xullo de 2000, é unha xogadora de balonmán arxentina, que xoga de central. Desde 2021 xoga no BM Porriño, e forma parte da selección arxentina de balonmán feminino. Traxectoria Bono formouse no equipo arxentino SAG Villa Ballester. En decembro de 2019 incorporouse ao Club Balonmano Bolaños, de Bolaños de Calatrava, para xogar en División de Honra Prata. No verán seguinte fichou polo Club Balonmano Elche de División de Honra. Co equipo de Elx acadou a Copa da Raíña de balonmán en 2021. Na tempada 2021/22 fichou polo BM Porriño, e na tempada 2024-25 o equipo chegou á final da EHF European Cup.
Selección arxentina Bono participou no Mundial sub-18 de 2018 coa selección xuvenil da Arxentina, e meteu 42 goles no torneo. Xoga coa selección arxentina desde 2023. Gañou a medalla de prata nos Xogos Panamericanos 2023 en Santiago de Chile, e tamén xogou no Campionato Mundial de Balonmán Feminino de 2023, onde Arxentina quedou no 20º posto e Bono marcou doce goles.
Vida persoal
É irmá dos tamén xogadores de balonmán Nicolás, Fernando e Gonzalo Bono. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 2000 Categoría:Xogadores de balonmán da Arxentina Categoría:Xogadores do BM Porriño