Métrika, nome artístico de Thais Amores García, nada en Castelló de la Plana o 23 de novembro de 2003, é unha compositora española. É recoñecida polos seus temas cargados dunha forte sexualidade, apoderamento feminino e crecemento propio, vencellado ás situacións de dó ou desamor.

Traxectoria Filla dun pai disc jockey, Métrika interesouse pola música desde unha idade temperá, especialmente no trap a partir dos 13 anos, descubrindo logo o autotune. A esa mesma idade decidiu empezar a participar en batallas de trap, mais decidiu deixalo debido á súa ansiedade. Métrika, ademais, afirmou que a escena do trap española era profundamente tóxica e misóxina, e que todos os espazos de poder estaban dominados por homes.

Ao pouco tempo empezou a gravar os seus propios temas de forma caseira, e aos 15 anos comprou o seu primeiro estudio de gravación, co que seguiu experimentando e gravando as súas cancións. En 2020 lanzou o seu primeiro sinxelo como cantante "X Money", á data de 2021 actuara xa en Castelló e Borriana, e en novembro dese mesmo ano lanzou «Tra Tra», a que sería a primeira canción que sacou co produtor D.Basto co que comezou a gravar e compor. Entre 2022 e 2023 lanzou os seus primeiros traballos discográficos: «Fiat Vountas Tua», "La Minimixxxtape De Las Zorras y Cerimonia" con cancións como "Pabajo", "La Zorra De Tu Novia", "Toy Boy", "Folklórica" e "Llorando Rímmel".

O 23 de xuño do 2023 lanzou o seu cuarto EP "Femme Fatale" que supuxo algúns dos seus maiores éxitos ata o momento como "Ya T Has Corrido?", "Su Alma" ou "Driving Brusco Remix", este último en colaboración coa artista l0rna, nese mesmo mes participou na canción "Queens League" en colaboración con outras artistas urbanas do panorama español como Kristina ou Daniela Garsal. O 11 de abril de 2024 lanzou o seu primeiro álbum, «Madre Fundadora», con cancións como "Hello Diky", "All Dikys Eyez On Me" "Barbietúricos", "Ave María Putísima", "Semen Up", na que participou o artista Glory Six Vain e "El Inferno", xunto coa rapeira Nieto666". Ese mesmo ano empezou a xira "Madre Fundadora Tour" que terminou en Barcelona o 6 de febreiro do ano seguinte. En outubro de 2024 lanzou o seu quinto EP "El Grimorio", o cal é unha continuación de "Madre Fundadora" e inclúe temas como "Susi-Ah", que contén a participación do tamén rapeiro castellonense Perico ACK, ou "Dabelremix", á que contribuíu, de novo, l0rna, e en 2025 anunciou que sacará un novo álbum, do cal ademais empezou a publicar temas como "Totaína", a cal se fixo xunto coas artistas urbanas Euskoprincess e Main Costa e "Fumo Escarcha" con Serchito trambótiko e o produtor Dona1re.

A artista foi a miúdo criticada por tratar nas súas letras temas como as autolesións, os trastornos mentais, as relacións tóxicas ou a hipersexualización, ademais das súas referencias á súa propia bisexualidade en moitas das súas cancións.

Vida persoal Métrika é abertamente bisexual. A pesar da súa educación cristiá, é satanista, algo que en moitas ocasións a levou a ser vítima da crítica social.

Notas

Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados en Castelló de la Plana Categoría:Cantantes de España