Apolofanes de Antioquía (en grego Ἀπολλοφάνης; en latín Apollophanes) foi un filósofo estoico grego, amigo de Aristón de Quíos, sobre quen escribiu un libro chamado Ἀρίστων (Arístōn), segundo Ateneo de Naucratis. Traxectoria Dióxenes Laercio menciona unha obra súa titulada Φυσική, e Tertuliano tamén fala deste Apolófanes. Algúns autores afirmaron erroneamente que este filósofo era o mesmo que o médico Apolófanes de Seleucia, que viviu na corte de Antíoco III.

Hai outro filósofo estoico dun período posterior tamén chamado Apolófanes que é mencionado por Sócrates Escolástico e a Suídas, sen dúbida unha persoa diferente1.Apollophanes en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 246.

Notas

Categoría:Filósofos da Grecia antiga Categoría:Personalidades sen imaxes