Aquiauhtzin Cuauhquiyahuacatzintli, nado en Ayapango (México) contra 1430 e finado despois de 1490, foi un nobre e poeta náhuatl. Malia a súa fama na época, sobreviviron poucas das súas pezas.
Traxectoria Aquiauhtzin naceu cara a 1430 en Ayapango, no dominio independente de Chalco-Amecameca. De orixe nobre, estudou na súa infancia no calmecac ou escola local. Así, aprendeu as tradicións culturais do seu pobo, a lingua e a retórica, a poesía, e aspectos relativos á relixión, na que era moi versado. É moi probable que participase na guerra contra os mexicas, que arredor de 1483 principiaron a súa conquista de Chalco-Amecameca.
Tivo que falecer con posterioridade a 1490, posto que nese ano participou nunha reunión de poetas convocada por Tecayehuatzin de Huexotzinco.
Obras Entre os poemas atribuídos con seguridade a Aquiauhtzin destacan os seguintes, preservados no manuscrito dos Cantares mexicanos, conservado na Biblioteca Nacional de México:
Chalcacihuacuicatl ("A canción das mulleres de Chalco"). Orixinalmente anónimo, foi aceptado como tal por Ángel María Garibay, quen o considerou unha "produción mimética do mundo náhuatl". Porén, a crónica histórica de Chimalpahin indica que a peza foi composta por Aquiauhtzin. Trátase dunha composición de carácter erótico en sete seccións. Noconcacon cuicatl ("Unha canción que escoitei"). É un texto relixioso no que o poeta canta ao "dador de vida", chegando a dirixirse a el de maneira persoal:
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Poemas de Aquiauhtzin (en castelán)
Categoría:Filosofía azteca Categoría:Escritores en lingua náhuatl Categoría:Finados no século XV Categoría:Nados no século XIV