Aitana Santomé Santos, nada en Moaña o 26 de maio de 2001, é unha xogadora de balonmán galega. Xoga de lateral esquerda no BM Porriño.
Traxectoria Filla do futbolista Suso Santomé e mais dunha atleta. De nova alternou o balonmán co taekwondo, e en 2015 chegou a ser terceira do mundo na categoría cadete de 55 kg. Comezou a adestrar nas categorías infantís do BM Porriño xunto a Ismael Martínez González, tamén do Morrazo, e en 2018 comezou a xogar co primeiro equipo. Na tempada 2024-25 o equipo chegou á final da EHF European Cup.
Estudante do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte na Universidade de Vigo, formou parte do equipo de balonmán feminino universitario co que acadou o campionato de España, e gañou o campionato do mundo coa selección de España universitaria. En 2024 foi convocada coa selección feminina de balonmán de España.
Notas
Categoría:Nados en Moaña Categoría:Nados en 2001 Categoría:Xogadores de balonmán de Galicia Categoría:Xogadores do BM Porriño Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo