miniatura|dereita|220px|Avalancha no Everest en maio do 2006. miniatura|dereita|220px|O resultado dunha avalancha no Parque Nacional dos Fiordes de Kenai (Alasca). As avalanchas ou aludes son desprendementos masivos de pedras, terra ou neve. Están relacionadas con movementos gravitacionais de ladeira. Metaforicamente, a palabra tamén é utilizada para describir unha acumulación de feitos nun momento determinado.
As avalanchas inícianse habitualmente nunha zona causadas por unha rotura mecánica nunha capa de neve cando a forza da neve supera a súa resistencia. Despois de iniciarse as avalanchas aceleran rapidamente e crecen en pase e volume xa que arrastran máis neve. Se o alude se move rápido dabondo pode misturarse co aire formando unha avalancha de neve en po.
As avalanchas de neve son de dimensións variables. Hainas de grandes dimensións, que chegan ata o fondo dos vales tras percorrer centos de metros, ou quilómetros, e outros de pequenas dimensións, que poden avanzar algunhas decenas de metros. Incluso unha destas avalanchas pequenas ten a capacidade de causarlle a morte a unha persoa.
Causas da súa formación As avalanchas son ocasionadas pola falta de homoxeneidade na capa de neve e pola existencia, entre os límites de capas fisicamente diferentes, dun axente que facilita o escorregamento dunha delas sobre outra subxacente. Ocorre por exemplo, que a neve recentemente caída ou acumulada polo vento non chega a soldarse á superficie da capa preexistente. Noutros casos, a chuvia empapa unha capa recente, que se desliza entón polo seu propio peso, se a pendente o permite. As augas pluviais poden tamén infiltrarse entre dúas capas de neve e obrar entón como un lubrificante que permite o escorregamento da capa superior sobre a inferior. O mesmo pode ocorrer se a auga penetra na neve e o terreo, facendo que este se volva esvaradoiro. Os cambios de temperatura ambiente tamén teñen a súa importancia. En particular, un aumento importante da temperatura reduce a cohesión da neve, por iso as avalanchas son máis probables pola tarde que polas mañás, sobre todo naquelas pendentes que estiveron expostas aos raios solares durante as horas máis calorosas do día. Ás veces o brusco quecemento polo sol matutino basta para provocar avalanchas nas pendentes abruptas orientadas cara ao leste. As condicións do chan que soporta a neve poden ser tamén determinantes: terreo arxiloso e, por conseguinte, esvaradizo; chans lisos, húmidos ou xeados, vertente de forma convexa ou con excesiva pendente. Sexan cales foren as circunstancias favorables a unha avalancha, esta pode ser desencadeada por unha causa mínima aínda que capaz de vencer a escasa cohesión que retiña a masa de neve: un ruído, o desprendemento dunha rocha ou un bloque de xeo, ou o simple paso dun esquiador pola capa inestable. As avalanchas tamén poden iniciarse por outros motivos, como esquiadores, motos de neve, animais ou explosivos. A actividade sísmica tamén pode desencadear unha rotura da capa de neve e provocar avalanchas.
Clases de avalanchas Tipos miniatura|220px|Inicio dunha avalancha de neve en po Non existe unha clasificación universalmente aceptada de avalanchas. Existen diversas clasificacións útiles para distingos propósitos. As avalanchas pódense describir polo seu tamaño, potencial destrutivo, mecanismo de iniciación, composición e dinámica. Segundo o composición, por exemplo, distínguense tres formas de avalanchas:
Avalancha de neve en po. Xeralmente nace dun punto e arrastra cada vez máis neve. Esta avalancha iníciase cando o peso da neve sucumbe á forza da gravidade. Isto sucede sobre todo durante ou logo de fortes nevadas (a partir de 25 centímetros de espesor) e con temperaturas baixas (menores de -5 °C), sobre todo cando se acumula sobre unha base (manto) lisa (debido á choiva, a xeada ou a fusión da neve). Esta neve, seca e lixeira, mestúrase co aire e forma un manto que baixa a pendente a unha velocidade de 100 a 300 km / h. Podería producirse en calquera época do ano. Avalancha de neve mollada. Este tipo de avalancha prodúcese nas pendentes ben expostas ao sol (cando a neve se derrete) cando soben as temperaturas, principalmente durante a primavera. Deslízanse lentamente (desde 20 a 60 km/h). Os factores que o activan son a aire ou o vento quente, o sol e o sobrepeso. Normalmente prodúcense en vertentes orientados cara ao sur e chegan a deixar o chan ao descuberto debido ao seu poder erosivo. Avalancha de placa . Este tipo de avalancha é o máis frecuente. Unha placa é unha superficie de neve compacta que se desprende do resto do manto de neve e que se desliza sobre o chan ou sobre a neve existente. Adóitanse orixinar en ladeiras abertas polo paso dun esquiador. Estas placas poden ser inmensas e deixan un límite de fractura ben visible. Todas as avalanchas poden ter graves consecuencias, pero as avalanchas de placa son moi perigosas, pois poden ser provocadas por un esquiador. Este tipo de avalanchas, por exemplo, son as que se dan con máis a miúdo nos Pireneos. thumbnail|230px|Equipo para verificar o risco de avalancha.
Magnitudes En canto a magnitude existen dúas formas de avalanchas: Alude superficial, onde só se mobiliza unha parte do manto da neve. Alude de fondo, onde se mobiliza de xeito súbito e violenta erosionando todo o nutriente da ladeira, transportando e depositando estes materiais no punto onde o ángulo da mesma con respecto o horizontal o permite.
Mecanismo de formación As avalanchas de neve prodúcense cando se perde sustentación. Esta perda de sustentación e a avalancha conseguinte pode ser espontánea ou provocada para o home.López 1988: p. 216
Avalanchas espontáneas As avalanchas espontáneas prodúcense por unha amoreamento excesivo de neve ou por un cambio nas condicións da masa de neve. As sobre acumulacións prodúcense en tempo de nevadas importantes e son normalmente de neve de po nova.Castellet 2005: capítol 6.1.3 Nesta categoría entrarían as continuas purgas que se producen nos lugares con máis pendente das montañas, nas cristas e as canles máis dereitas, onde a neve non atopa apenas sustentación e xa que logo baléiranse moi a miúdo.
As avalanchas espontáneas poden ser causadas tamén por unha alteración das condicións que mantiñan estable a masa de neve.
Os aumentos de temperaturaCastellet 2005: capítol 6.1.3.2 e a choiva son as alteracións máis frecuentes e afectan á neve de calquera calidade. O segundo motivo máis importante das avalanchas natruais son os cambios metamórficos na neve acumulado a causa do derretemento provocado pola radiación solar. Nese caso a neve en ó aumenta de peso relativo en superficie ata o punto de que as capas inferiores non poden soportar. No caso das grandes placas de neve venteada rompen nunha liña dada, a partir da cal a placa esvara cara a abaixo.Castellet 2005: capítol 6.1.4.4 De seres neve primeira ou húmida, aumenta a súa fluidez e escorregase sobre outras capas de neve endurecida, sen transformar, e ata sobre o mesmo chan, chamándose entón «avalancha de fondo».
Outras causas naturais inclúen a choiva, os terremotos e as caídas de pedras.
De entre as avalanchas espontáneas, as máis perigosas son as de neve en po: desencadéanse nun punto bastante alto da montaña e durante a baixada incrementan o seu volume e a velocidade de baixada pode alcanzar os 200 km/h. A combinación de masa e velocidade fan que sexan enormemente destrutivos, grandes árbores e bosques enteiros quedan desenraizados e esnaquizados polo pulo da neve, rochas de calquera tamaño son arrincadas da súa cama e empuxadas cara a abaixo. É frecuente que cando unha avalancha de neve de po chega ao fondo dun val non moi ancho, soterren os ríos e torrentes e cheguen a remontar (por inercia) a vertente oposta. É moi pouco probable que persoas ou animais atrapados por unha avalancha de neve de po poidan sobrevivir. Agora ben, como estas avalanchas se producen regularmente nos mesmos lugares, a miúdo evidentes, é evitable permanecer na zona que poden afectar.
Esta regra ten, con todo, excepcións. Así, en xaneiro de 1996 nos Pireneos producíronse numerosas avalanchas de neve de po de grandes dimensións que arrasaron zonas infrecuentes. Tamén nos Alpes, onde ademais causaron serias perdas de vidas e instalacións.
As avalanchas espontáneas de placa e os de neve húmida son moito menos perigosos, xa que o seu alcance é moito menor, así como o seu volume e velocidade.
Avalanchas provocadas Os causantes artificiais de aludes inclúen esquiadores, motos de neve e explosións controladas. Normalmente -no caso de avalanchas provocados en neve de po- a crise prodúcese por sobrecarga, cando unha ou varias persoas ou animais pisan unha superficie nevada con bastante pendente. O seu peso fai que se supere o equilibrio anterior á sobrecarga e a masa de neve esborrállase, primeiro por baixo do lugar de paso, pero inmediatamente tamén por encima, xa que perde o seu sostén inferior. Os seres que provocaron a avalancha son inevitablemente arrastrados e é improbable que sobrevivan.
Ademais do espesor da neve e do grao da pendente existen outros factores a avaliar ao atravesar pendentes expostas: o máis importante é a existencia de varias capas de neve, que poden estar pouco cohesionadas entre si, debido a densidades diferentes e tamén a temperaturas diferentes, dando lugar neste último caso ao que se chama «fractura térmica» .
Existen sobrecargas provocadas naturais pero infrecuentes: a caída de folerpas de neve é a máis clásica.
O mesmo paso de persoas, case sempre con esquís e costa arriba, pode cortar a superficie das placas de neve formadas polo vento. Se a pendente é suficiente, a placa esvara cara a abaixo como no caso da ruptura espontánea. Naturalmente neste caso si que son perigosas as avalanchas de placa, xa que arrastrarán ao esquiador que o provoca e os que estean ao seu ao redor. Son o caso de avalanchas provocadas máis frecuentes. A condición dun rescate con éxito é que sexa máis rápido que o tempo de asfixia ou de hipotermia é só así é posible a supervivencia do accidentado.
As avalanchas provocadas na neve de primavera, húmida e pesada, que son causadas frecuentemente polos esquiadores en descenso, son as menos perigosas: a súa velocidade é moi lenta e o seu alcance é reducido, o que fai posible e sinxelo evitar a súa traxectoria.
Predición A forza da neve compactada é difícil determinar e é sumamente heteroxénea. Varía dependendo das características dos grans de neve, tamaño, densidade, morfoloxía, temperatura, contido de auga e as características das relacións dos grans de neva. Todas estas propiedades poden cambiar nun momento segundo a humidade local, o fluxo de vapor de auga e o fluxo de temperatura. O cumio dunha acumulación de neve está tamén moi afectado pola radiación e o vento de ámbito local. Un dos obxectivos de investigación de avalanchas é desenvolver e validar modelos informáticos que poidan describir a evolución da neve ao longo do tempo. Un factor que complica a predición é a interacción entre o terreo e a climatoloxía, que causa unha grande e significativa variabilidade na profundidade, estratificación e forma dos cristais na neve.
Zonas de avalanchas miniatura|220px|Avalancha Identificar as zonas de avalanchas permite realizar cartografías das áreas afectadas que se poderán utilizar no ordenamento territorial. E son tres: Zona de saída: é onde a neve ponse en movemento e empézase a acelerar ao longo da pendente (duns 30 a 40 º ou máis), onde vai gañando masa constantemente. Zona de traxecto: é a zona onde a avalancha mantén unha velocidade máis ou menos constante. A pendente media é de entre uns 20 º e 30 º. Zona de chegada: é onde a avalancha se deten. A pendente adoita ser inferior aos 20 graos. Escalas de perigo