O Camiño Miñoto Ribeiro é unha das rutas máis antigas do Camiño de Santiago. Enlaza o norte de Portugal coa capital galega e consta de tres entradas diferentes en Galicia dende a cidade de Braga atravesando os municipios de Lobios, Entrimo, Padrenda, Pontedeva, Cortegada, A Arnoia, Castrelo de Miño, Ribadavia, Leiro, O Carballiño, Boborás, Beariz, Forcarei, A Estrada, Vedra e Boqueixón. O nome provén da comarca vitivinícola do Ribeiro e o uso que antigamente facían os viaxeiros do río Miño.

Comezou a potenciarse no ano 2014 pola Asociación Camiño Miñoto Ribeiro, formada polos concellos por onde transcorre co fin de recuperar e lograr a oficialidade como ruta de peregrinación. No 2020 a Igrexa declarouna Ruta Xacobea froito en gran medida do traballo feito polo historiador Cástor Pérez Casal e o investigador José Ramón Estévez.

Este camiño recibe tamén o nome de Camiño da Geira e os Arrieiros, que fai referencia ás orixes, cando o camiño era usado polos arrieiros que transportaban viño. Porén este nome levou a confusión e disputa entre dúas asociacións que discuten a autenticidade dunha parte do trazado.

Historia No ano 1998 o historiador Cástor Pérez Casal iniciou as primeiras investigacións sobre o camiño e once anos despois presidiu a primeira asociación que entre 2009 e 2014 reuniu a primeira documentación sobre o trazado e iniciou os primeiros contactos coa administración pública para a súa involucración. No 2010 publicouse o libro Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro editado pola Deputación de Ourense e presentouse un traballo de investigación. Dous anos despois publicáronse dous libros máis e continuouse coas tarefas de difusión e promoción en diversas xornadas e exposicións. No 2014 os concellos involucrados formaron a asociación Amigos Camiño Miñoto Ribeiro e instalaron os primeiros sinais no camiño.

No ano 2019 o arqueólogo J. Lamas presentou un traballo delimitación do camiño e publicáronse na prensa varios traballos levados a cabo por Cástor Pérez e José Ramón Estévez. Un ano despois publicouse a primeira guía do camiño e iniciáronse os primeiros contactos coa administración do norte de Portugal. Ademais, Cástor Pérez deu por terminada a investigación e finalmente a Igrexa recoñeceu oficialmente o camiño outorgando a compostela.

Polémica miniatura|En azul ruta do Camiño Miñoto Ribeiro; en vermello o trazado alternativo proposto pola Asociación Codeseda Viva. A asociación Amigos Camiño Miñoto Ribeiro e Codeseda Viva tiveron unha sobre o trazado orixinal do camiño, concretamente ó seu paso nos concellos da Estrada e Forcarei. A primeira afirma que o camiño pasa polo centro de Forcarei e atravesa a Estrada pola zona de Pardemarín, Lamas, Rubín, O Foxo, Ancorados e Ribeira para finalmente cruzar o Ulla pola ponte de Sarandón en Vedra e enlazar coa Vía da Prata. A segunda, polo contrario, di que a ruta ​entra en Forcarei por Santiago de Pardesoa, Soutelo de Montes, Cachafeiro, Ponte Gomaíl e A Mámoa, continua na Estrada polas parroquias de Sabucedo, A Grela, Codeseda, Tabeirós, Guimarei, atravesa o centro da Estrada e continúa por Figueiroa, Toedo, Santa Cristina de Vea, Cora e Couso para finalmente atravesar o municipio de Teo cruzando o río Ulla por Pontevea sumando un total de 240 km.

A asociación Amigos Camiño Miñoto Ribeiro acusou Codeseda Vida de «desviar o trazado por interese» e afirma que «o itinerario histórico dista moito de pasar por aí». Nalgúns puntos do trazado chegaron incluso a producirse boicots arrancando sinais. O que era alcalde da Estrada José López Campos naquel momento, intentou lidar entre ambas as asociacións e avogar en favor de ambas as rutas xa que «a polémica fraco favor lle fai o camiño».

Trazado Segundo o sitio web da Asociación Camiño Miñoto Ribeiro existen tres vías de entrada dende Portugal. A primeira comeza en Braga, continúa por Vila Verde, Ponte da Barca, Arcos de Valdevez, Monção e Melgaço e entra en Galicia por Padrenda. A segunda chega a Ponte da Barca pero segue por Ermelo, Lindoso e entra pola comarca da Baixa Limia no concello de Lobios, Entrimo, Castro Laboreiro onde logo se une a vía anterior. A terceira sae de Braga dirección Terras de Bouro e de novo, igual que a anterior, entra en Galicia por Lobios e continúa por Entrimo e Castro Laboreiro ata Padrenda.

Ruta Camiño Miñoto Ribeiro Ruta dende Lobios por etapas: Etapa 1: Portela do Home – Lobios (12,80 km) Etapa 2: Lobios – Castro Laboreiro (14,90 km) Etapa 3: Castro Laboreiro – Cortegada (26,30 km) Etapa 4: Cortegada – Ribadavia (13,10 km) Etapa 5: Ribadavia – Pazos de Arenteiro (19,70 km) Etapa 6: Pazos de Arenteiro – Soutelo de Montes (29,60 km) Etapa 7: Soutelo de Montes – O Foxo (27,5 km) Etapa 8: O Foxo – A Gándara (20,70 km) Etapa 9: A Gándara – Santiago de Compostela (9,10 km)

Ruta Camiño da Geira e dos Arrieiros Ruta do camiño segundo Codeseda Viva.

Poboación Provincia/freguesía Distancia a Santiago (km) Braga Braga 239 Mosteiro de Rendufe Amares 228 Santiago de Caldelas Amares 223 Paranhos Amares 219 Santa Cruz Terras de Bouro 216 Terras de Bouro Terras de Bouro 210 Covide Terras de Bouro 195 São João Do Campo/Campo do Gerês Terras de Bouro 197 Os Baños Ourense 178 Lobios Ourense 172 A Feira Vella Ourense 170 Entrimo Ourense 167 Castro Laboreiro Melgaço 152 San Amaro Ourense 136 Capela de Portela Ourense 134 Cortegada Ourense 124 Ribadavia Ourense 109 Beade Ourense 105 Berán Ourense 101 Pazos de Arenteiro Ourense 92 Feás Ourense 83 Magros Ourense 74 Beariz Ourense 72 Soutelo de Montes Pontevedra 61 Cachafeiro Pontevedra 54 Ponte Gomaíl Pontevedra 52 Cruz da Grela Pontevedra 42 Codeseda Pontevedra 41 Santiago de Tabeirós Pontevedra 35 A Estrada Pontevedra 29 Pontevea A Coruña 17 Rarís A Coruña 14

Notas

Véxase tamén

Categoría:Camiño de Santiago