Eulogio Villarino Losada, nado no Riós o 28 de xaneiro de 1903, foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria Fillo de Julio Villarino Durán, político e secretario xudicial no Riós. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela, e obtivo o título de licenciado en farmacia en 1931.El Ideal Gallego, 13-9-1931, p. 8. Exerceu como farmacéutico no Riós.
Foi alcalde do Riós na década de 1930 polo Partido Nazonalista Republicán de Ourense no que militou ata a súa escisión en 1936 pola integración na Fronte Popular. Non se integrou na Dereita Galeguista de Ourense. O seu labor como alcalde centrouse na mellora das infraestruturas: captación de mananciais de auga e construción de lavadoiros públicos e bebedeiros para o gando. En 1935 e 1936 formou parte do comité organizado para facilitar o paso da Volta ciclista a Galicia polas Vendas da Barreira.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, para evitar a represión realizou doazóns patrimoniais como a antiga casa cuartel da Garda Civil do Riós e a igrexa da Mercede en Verín. En febreiro de 1966 foi elixido concelleiro do Riós polo terzo de entidades. Cesou como concelleiro en 1970.
Formou parte do órgano de goberno do colexio de farmacéuticos de Ourense.
Vida persoal Casou con Margarita Adelaida Fernández Vázquez e foi pai de Julio Eulogio Villarino Fernández.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Alcaldes do Riós Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados no Riós Categoría:Nados en 1903
Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela