Sara Guerrero, nada en Cidade de México en 1994, é unha escritora mexicana radicada en Galicia.
Traxectoria Estudou no Centro Universitario de Teatro da Universidade Nacional Autónoma de México, no Institut del Teatre de Barcelona e na Universidade da Coruña.
Ademais de xornalista e crítica literaria, en 2021 acadou o Premio á Mellor Interpretación no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo coa obra dramática Raigame.
No ano 2022 obtivo unha axuda á creación do INJUVE cun proxecto de investigación sobre a literatura escrita por mulleres migrantes no estado español.
Recoñecementos Nosa Señora das Letras 2025, da plataforma crítico literaria feminista A Sega.
Obras Eu son o monte (2024). Ensaio. Euseino
Notas
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Escritores de México Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Nados na Cidade de México Categoría:Alumnos da Universidade Nacional Autónoma de México Categoría:Personalidades sen imaxes