O antigo Imperio Elamita, تمدن عیلام en fārsi, situábase ao leste de Sumeria e Acad, no actual suroeste de Irán. Os elamitas chamábanlle ao seu país HaltamtiAlvar (1989), p. 13 (en elamita tardío, Atamti), do cal os seus veciños acadios adaptaron como Elam. O alto Elam foi posteriormente cada vez máis identificado pola súa capital, Susa, e xeógrafos posteriores a Tolomeo chamaron a todo ese territorio Susiana. O nome de Elam en persa antigo era Hujiyā, o cal sobrevive no nome da provincia Khuzestān Bakhtiari Lurs. Khuzestān xunto con Fārs conteñen os restos do antigo Elam.

A lingua elamita non está relacionada cos grupos lingüísticos veciños: semita, sumerio e iraniano. Algúns expertos cren que a lingua está relacionada coas actuais linguas dravídicas do sur da India (ver linguas elamo-drávidas).

Historia miniatura|dereita|Figuriña elamitaA historia elamita convencionalmente dividiuse en tres períodos. Non obstante, debe considerarse que os restos e artefactos das primeiras etapas continúan a ser descubertos no centro e sueste de Irán. Algúns expertos refírense a este período como Proto-Elamita.

Período Elamita Antigo empeza cos reis elamitas testemuñados con maior antigüidade, aproximadamente -2700. Elam, designado por escribas sumerios simplemente como NIM "Terras montañosas", non fora unificado etnicamente ou culturalmente con anterioridade. Elam caeu baixo o control político de Acad no século –XXII por acción de Sargón de Acad, o cal mantivo as institucións locais. A dinastía Awan reafirmou a independencia de Elam. Shulgi de Ur (-2049 – -2047) conquistou Elam por un tempo. A mediados do século –XIX, o poder en Elam pasou á dinastía Epártida. Hammurabi de Babilonia atacou Elam no século –XVIII. O rei Kutir-Nahhunte I de Elam contraatacou e causou unha sería derrota ao fillo de Hammurabi. Período Elamita Medio empeza sobre o -1350, despois dun período de 200 anos do que se sabe pouco. Sobre -1160, baixo Shutruk-Nahhunte, Elam derrota aos casitas e establece o primeiro Imperio elamita, que durou pouco, o rei Nabucodonosor I de Babilonia conquistou Elam polo -1120, levando o imperio ao seu fin. Sobre o -750 Elam reafirmou a súa independencia, causando o renacemento cultural do Período Neo-Elamita. Elam foi conquistada polos Asirios no -645, conquista que provoca o fin de Elam como estado independente. Os medos conquistaron Elam aos asirios, e a dinastía Aqueménida, outra dinastía iraniana que gobernou a anterior terra elamita de Anshan, tomou Susa e conquistou o Imperio Medo, para establecer o primeiro Imperio Persa.

As historias tradicionais acabaron a historia elamita co seu sometemento aos Aqueménidas, pero as referencias gregas e latinas a "Elimeos" testemuñan unha supervivencia cultural, segundo Daniel Potts (ver refs.). Adicionalmente, o viaxeiro árabe do século X Istakhrī comentaba que a xente de Khuzestān falaba tres linguas, árabe, Fārsi e algo que eles chamaban Khuzī". Non está claro se esta lingua descendía do elamita ou simplemente era un dialecto local persa. A lingua elamita aínda non se deu relacionado con ningunha outra coñecida.

A lingua elamita foi unha das linguas oficiais do Imperio Persa en tempos antigos, e Susa unha das catro capitais do imperio. Susa tamén serviu como capital da Dinastía Sasánida a partir do -224 ata o 651. O último uso da escritura elamita data do século IV, e Elam é aínda coñecido como a actual provincia de Khuzestán, onde se basea a inmensa industria petroleira de Irán.

Cronoloxía de gobernantes dereita|miniatura|380px|Mapa de Elam (en inglés) Dinastía Awan (datas precisas descoñecidas).

Peli, (-2500). Tata, (data precisa descoñecida). Ukku-Takhesh, (data precisa descoñecida). Khishur, (data precisa descoñecida). Shushun-Tarana, (data precisa descoñecida). Napil-Khush, (data precisa descoñecida). Kikku-Sive-Temti, (data precisa descoñecida). Lukh-Ishshan, (século -XIV). Khelu, (-2300). Khita, (-2275). Kutik-Inshushinnak, (-2240).

Dinastía Simash (datas precisas descoñecidas).

Gir-Namme, (-2030). Enpi-Luhhan, (-2010). Khutran-Temtt, (data precisa descoñecida). Kindattu, (data precisa descoñecida). Indattu-Inshushinnak I, (data precisa descoñecida). Tan-Rukhurater, (data precisa descoñecida). Indattu-Inshushinnak II, (data precisa descoñecida). Indattu-Napir, (data precisa descoñecida). Indattu-Tempt, (data precisa descoñecida).

Dinastía Epartida (datas precisas descoñecidas).

Eparti I, (data precisa descoñecida). Eparti II, (data precisa descoñecida). Eparti III, (-1850). Shilkhakha, (data precisa descoñecida). Attakhushu, (-1830). Sirukdukh, (-1792). Shimut-Wartash, (-1772 - -1770).

Dinastía Babilónica (-1770 - -1500).

Siwe-Palar-Khuppak, (-1770 - -1745). Kuduzulush I, (-1745 - -1730). Kutir-Nahhunte I, (-1730 - -1700). Lila-Ir-Tash, (-1700 - -1698). Temti-Agun I, (-1698 - -1690). Tan-Uli, (-1690 - -1655). Temti-Khalki, (-1655 - -1650). Kuk-Nashur II, (-1650 - -1635). Kutir-Shilkhakha I, (-1635 - -1625). Temti-Raptash, (-1625 - -1605). Kuduzulush II, (-1605 - -1600). Tata, (-1600 - -1580). Atta-Merra-Khalki, (-1580 - -1570). Pa-Ishshan, (-1570 - -1545). Kuk-Kirwash, (-1545 - -1520). Kuk-Nahhunte, (-1520 - -1505). Kutir-Nahhunte II, (-1505 - ????).

Dinastía Igehalkida (-1350 - -1200).

Ige-Halki, (-1350 - -1330). Pakhir-Ishshan, (-1330 - -1310). Attar-Kittakh, (-1310 - -1300). Khuman-Numena, (-1300 - -1275). Untash-Naprisha, (-1275 - -1240). Unpatar-Naprisha, (-1240 - -1235). Kiddin-Khutran, (-1235 - -1210).

Dinastía Shutrukida (-1205 - -1100).

Khallutush-In-Shushinak, (-1205 - -1185). Shutruk-Nahhunte, (-1185 - -1155). Kutir-Nahhunte III, (-1155 - -1150). Shilkhak-In-Shushinak, (-1150 - -1120). Khutelutush-In-Shushinak, (-1120 - -1110). Shilhana-Hamru-Lagamar, (-1110 - ????).

Última Dinastía Elamita (-743 - -644).

Khumbanigash I, (-743 - -717). Shuttir-Nakhkhunte (-717 - -699). Khallushu, (-699 - -693). Kutir-Nakhkhunte (-693 - -692). Khumma-Menanu (-692 - -689). Khumma-Khaldash I, (-689 - -681). Khumma-Khaldash II (-681 - -680). Khumma-Khaldash II e Shilhak-In-Shushinak (-680 - -676). Shilhak-In-Shushinak e Urtaku, (-676 - -664). Shilhak-In-Shushinak e Tempti-Khumma-In-Shushinak, (-664 - -653). Atta-Khumma-In-Shushinak e Khumbanigash II, (-653 - -651). Atta-Khumma-In-Shushinak e Tammaritu, (-651 - -649). Atta-Khumma-In-Shushinak e Indabigash, (-649 - -648). Indabigash, (-648 - -647). Khumma-Khaldash III, (-647 - -644).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Khačikjan, Margaret: The Elamite Language, Documenta Asiana IV, Consiglio Nazionale delle Ricerche Istituto per gli Studi Micenei ed Egeo-Anatolici, 1998 ISBN 88-87345-01-5. Potts, Daniel T.: The archaeology of Elam: formation and transformation of an ancient Iranian state, Cambridge U., 1999 ISBN 0-521-56496-4 y ISBN 0-521-56358-5. Quintana Cifuentes, Enrique, Historia de Elam el vecino mesopotámico, Murcia, 1997. Estudios Orientales. IPOA-Murcia. Quintana Cifuentes, Enrique, Textos y Fuentes para el estudio del Elam, Murcia, 2000. Estudios Orientales. IPOA-Murcia.

Ligazóns externas

Lengua e historia elamita , por Enrique Quintana (en español). https://web.archive.org/web/20160222154459/http://www.elamit.net/ (en italiano e inglés).

Categoría:Mesopotamia