África Sempere Herrera, nada en Torre del Pla (provincia de Alacant) o 25 de setembro de 1992, é unha ex xogadora de balonmán española. Xogaba de pivote, e foi membro da selección española feminina de balonmán.
Traxectoria De nova comezou a practicar judo por influencia da súa tía, Isabel Fernández, mais pasouse ao balonmán logo de superar unha leucemia aos 7 anos. Tivo unha bolsa no centro de alto rendemento de Cheste.
Formouse nos equipos base do BM Torrellano, co que subiu a primeira nacional. Foi subcampioa de España coa selección infantil valenciana, tercera en cadete e dúas veces campioa en categoría xuvenil.
Debutou na máxima competición española no Club Balonmano Elche. Na tempada 2013/14 marcou 147 goles, e fichou polo Fredrikstad da segunda división norueguesa. Ao cabo de dous anos fichou polo CB Atlético Guardés, co que acadou a liga na tempada 2016-17 Na tempada 2021-22 xogou de novo no Elche, co que a acadou a Supercopa de España, e despois regresou ao Atético Guardés. Retirouse ao finalizar a tempada 2024-25.
Habitual coa selección júnior e a xuvenil, coas que xogou 69 partidos, participou coa selección sénior en dous partidos durante a Universiada de 2016 celebrada en Antequera, na que acadou a medalla de ouro.
Notas
Categoría:Nados en Elx
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Xogadores de balonmán de España Categoría:Xogadores do Atlético Guardés