Antíoco de Siracusa (en latín : Antiochus, en grego antigo: Ἀντίοχος) foi un historiador siciliano, a quen Dionisio de Halicarnaso denomina "un historiador moi antigo". Era fillo de Xenófanes. Traxectoria Viviu arredor do ano -423 e foi contemporáneo de Tucídides e da Guerra do Peloponeso. Non se sabe nada da súa vida, pero as súas obras históricas foron moi apreciadas polos seus contemporáneos e foron moi coidadosas e de gran precisión.

As súas dúas obras coñecidas son:

Unha historia de Sicilia en 9 libros, que abrangue desde o reinado do rei Cócalo ata o ano -424, segundo Diodoro Sículo. Tamén o mencionan Pausanias, Clemente de Alexandría e Teodoreto. Unha historia de Italia, mencionada moi a miúdo por EstrabónAntiochus en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 195. Referencias

Categoría:Personalidades de Siracusa na Antigüidade Categoría:Historiadores da Grecia antiga Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados no século -V Categoría:Finados no século -V