Álvaro Feijoo-Montenegro Fernández, nado en Ourense o 9 de setembro de 1951, é un exfutbolista galego, coñecido como Montenegro. Xogaba de dianteiro e centrocampista.

Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do CD Ourense. Na tempada 1968-69 foi o máximo goleador do equipo xuvenil, que acadou o campionato rexional, e en maio de 1969 debutou co filial ourensán. Na tempada 1969-70 xogou na Terceira división española co Atlético Orense. A pesar de que o equipo descendeu a Serie A, Montenegro foi chamado para xogar coa selección galega xuvenil.

Na tempada 1972-73 pasou ao primeiro equipo do CD Ourense, e acadou o ascenso de terceira a segunda división. En 1974, mentres facía o servizo militar en Cádiz, fichou polo Racing de Santander, e na tempada 1974-75 o equipo logrou ascender de segunda a primeira división. Ao ano seguinte xogou de novo en segunda con Gimnàstic de Tarragona, que quedou de último. Pasou entón ao Gimnástica de Torrelavega, de terceira división, cedido polo Racing de Santander. No verán de 1977 estivo a proba no Celta de Vigo, mais finalmente na tempada 1977-78 xogou coa UE Lleida en segunda B, e na tempada seguinte pasou ao Gimnástico Melilla de terceira división. En 1979 regresou ao CD Ourense, de segunda B. O equipo descendeu a terceira e Montenegro xogou tres anos máis nesa categoría até a súa retirada en 1983. Notas

Categoría:Futbolistas de Ourense Categoría:Nados en 1951 Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Ourense Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores da Gimnástica de Torrelavega Categoría:Xogadores da UE Lleida Categoría:Xogadores da UD Melilla Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes