miniatura|Fariña. A fariña é un po resultante de moer o gran, xeralmente dos cereais (especialmente trigo, millo etc). É o principal ingrediente do pan, o alimento básico en moitas partes do mundo. Tamén se obtén fariña dalgúns legumes e de froitos secos, como a soia e a améndoa. miniatura|Detalle de plantación de trigo. A fariña é rica en amidón, que é un hidrato de carbono complexo. Cando a fariña se mestura con auga, o glute, unha proteína, actúa dándolle unha estrutura elástica á masa que permite "traballala" e que reteña burbullas de gas, o que resulta nunha textura final esponxosa. Este é un efecto buscado no pan, pasteis etc.

Algúns individuos padecen dunha intolerancia ao glute denominada celiaquía ou enfermidade celíaca, o que lles impide comer pan, pastas, pasteis ou calquera produto derivado do trigo, avea ou cebada, cereais que conteñen glute, pero hoxe pódense atopar no mercado produtos derivados de fariña sen glute.

Composición miniatura|Fariña saíndo da roda Composición da fariña de trigo por cada 100 g:

TipoIntegralRefinadaReforzadaAuga10,27 g11,92 g11,92 gEnerxía339 kcal364 kcal364 kcalGraxa1,87 g0,98 g0,98 gProteína13,70 g15,40 g15,40 gHidratos de carbono72,57 g76,31 g 76,31 gFibra12,2 g2,7 g2,7 gPotasio405 mg107 mg107 mgFósforo346 mg108 mg108 mgFerro4,64 mg3,88 mg4,64 mgSodio5 mg2 mg2 mgMagnesio138 mg22 mg22 mgCalcio34 mg15 mg15 mgCobre0,38 mg0,14 mg0,14 mgCinc2,93 mg0,70 mg0,70 mgManganeso3,79 mcg0,682 mcg0,682 mcgVitamina C0 mg0 mg0 mgVitamina A0 UI0 UI0 UIVitamina B1 (Tiamina)0,4 mg0,1 mg0,7 mgVitamina B2 ( Riboflavina)0,215 mg0,04 mg0,494 mgVitamina B3 (Niacina)6,365 mg0 mg5,904 mgVitamina B6 (Piridoxina)0,341 mg0,044 mg 0,2 mgVitamina E1,23 mg0,06 mg 0,06 mgÁcido fólico44 mcg0 mcg 128 mcg

Fonte: Administración de Drogas dos EUA.

Tipos de fariña segundo a elaboración miniatura|dereita|Peneira para separar a fariña do farelo</center> miniatura|dereita|Fariña de garavanzos..JPG</center> miniatura|dereita|Fariña de pataca</center> Fariña refinada: fariña que se separou do farelo despois da moenda. Ten un aspecto máis branco e fino. Fariña integral: fariña directamente obtida do proceso de moedura. Ten un aspecto máis escuro.

Tipos de fariña de orixe vexetal Fariña de arroz: utilízase na cociña do sueste asiático. Fariña de mandioca: utilízase en Paraguai, a Arxentina e o Brasil. Fariña de castaña: utilízase en Córsega, no Périgord (Francia) e en Italia. Fariña de garavanzo: empregada en rebozados e fritos na India. Fariña Leudante: fariña común con lévedos que se usa na elaboración de sobremesas. Fariña de forza: fariña con alto contido de proteínas (glute), polo menos 12% de proteína ao peso. Fariña de chícharos: utilízase na cociña India. Fariña de pedrelo: utilízase nas migas de fariña e emprega pedrelo, as gachas e para o rebozado denominado á andaluza no peixe fritido. Fariña milla: procedente do millo. Fariña centea: procedente do centeo. Fariña de soia: procedente da soia. Fariña de fabas: procedente da faba. Fariña de pataca: procedente da pataca.

Tipos de fariña de orixe animal Fariña de peixe Fariña de óso Fariña de sangue Fariña de plumas

Véxase tamén

Outros artigos Pan Muíño Trigo Millo

Ligazóns externas Información nutricional De la farine au pain Fariña de mandioca

Categoría:Alimentos de orixe vexetal Categoría:Cereais