Chen Xue (en chinés tradicional: 陳雪), nada en Taichung en 1970, é unha escritora taiwanesa. A súa escolma de relatos Enü shu (en ), publicado en 1995, é considerada un clásico da literatura tongzhi pola súa representación das comunidades LGBT de Taiwán.

Traxectoria Chen Xue, pseudónimo de Chen Yaling, naceu en Taichung en 1970. Graduouse en Chinés pola Universidade Central Nacional en 1993. Publicou o seu primeiro libro, Enü shu, en 1995. Trátase dunha colección de contos, entre os que destaca "Xunzhao tianshi yishi de chibang" (en ), considerado un clásico da literatura tongzhi. Outra obra a destacar é Venus, que narra a perspectiva dunha persoa trans.

Chen é unha muller lesbiana, coñecida por bicar á súa parella na portada da revista LGBT LEZS. Tamén á activista polos dereitos humanos, en especial os dereitos das persoas LGBT de Taiwán.

Premios Chen foi finalista de numerosos premios literarios en Taiwán.

En 2004, o director de Hong Kong Yan Yan Mak adaptou unha das súas historias, Hudie (en ), ao cinema. O filme foi nomeado no Golden Horse Film Festival dese ano, e gañou os Hong Kong Film Awards de 2005.

Recepción Xunto con Chi Ta-wei, Lucifer Hung e Qiu Miaojin, é unha das voces máis destacadas da nova xeración de autores queer de Taiwán. A obra de Chen versa sobre unha gran variedade de temas, ademais da vida das persoas LGBT. A súa novela Wuba zhi cheng (), céntrase nunha "premisa heterosexual". Moitos dos seus textos abordan temas como a familia e os país, así como o fogar ou o exilio.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1970 Categoría:Escritores en lingua chinesa Categoría:Escritores LGTB de Taiwán