alt=|dereita|miniatura| Vittorio Pozzo é o único adestrador que gañou a Copa do Mundo dúas veces. Está é a lista dos adestradores gañadores da Copa do Mundo de Fútbol. O Mundial de Fútbol está considerado como o torneo de fútbol máis prestixioso do planeta. Oito seleccións diferentes conquistaron o título nas 22 edicións disputadas dende o torneo inaugural de 1930. O Brasil proclamouse campión cinco veces, unha máis que Alemaña e Italia; mentres que por detrás deles atópanse a Arxentina con tres títulos; Francia e o Uruguai, con dous cada un; e Inglaterra e España, cun título cada unha. O papel do seleccionador é confeccionar o cadro de xogadores para o Mundial e desenvolver a táctica do equipo. Trátase dun cargo sometido a moita presión, debido á importancia de gañar un Mundial e á falta de contacto diario cos xogadores durante a tempada regular de clubs, fóra dos descansos internacionais.

Alberto Suppici guiou á selección uruguaia na súa vitoria na edición inaugural en 1930. O italiano Vittorio Pozzo é o único adestrador que gañou en dúas ocasións a Copa do Mundo, conseguíndoo en 1934 e 1938. Un total de 21 adestradores diferentes gañaron o Mundial, dirixindo todos eles a selección nacional do seu propio país. Outros cinco adestradores conseguiron proclamarse campións unha vez e subcampións outra: Helmut Schön (gañador en 1974 e subcampión en 1966) e Franz Beckenbauer (gañador en 1990, subcampión en 1986) con Alemaña Occidental, Carlos Bilardo (gañador en 1986 e subcampión en 1990) coa Arxentina, Mário Zagallo (gañador en 1970 e subcampión en 1998) co Brasil e Didier Deschamps (gañador en 2018 e subcampión en 2022) con Francia.

Carlos Alberto Parreira ostenta o récord de máis participacións na Copa do Mundo como adestrador, seis, facéndoo ademais con cinco seleccións nacionais diferentes. Schön, que dirixiu a Alemaña Occidental á vitoria na Copa do Mundo de 1974, é o seleccionador con máis partidos no torneo, con 25, e ostenta tamén o récord de 16 vitorias. Suppici é o adestrador máis novo en gañar a Copa do Mundo, con 31 anos, sendo o único xunto a Zagallo e César Luis Menotti en coroarse con menos de 40 anos. Pola contra, Vicente del Bosque é o adestrador de máis idade en gañar a Copa do Mundo, con 59 anos.

Tres homes gañaron o torneo como xogadores e como seleccionadores: Zagallo (como xogador en 1958 e 1962, como adestrador en 1970), Beckenbauer (como xogador en 1974 e como adestrador en 1990) e Didier Deschamps (como xogador en 1998 e como adestrador en 2018). Tanto Beckenbauer como Deschamps eran ademais capitáns dos seus respectivos equipos cando gañaron o título como xogadores.

Adestradores gañadores da Copa do Mundo +EdiciónAdestrador campiónNacionalidadeSelección1930193419381950195419581962196619701974197819821986199019941998200220062010201420182022

Por nacionalidade PaísAdestradoresTítulos 5 5 3 4Inclúe datos de Alemaña Occidental. 4 4 3 3 2 2 2 2 1 1 1 1

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Adestradores gañadores do Mundial de Fútbol Categoría:Listas de deporte