Artemidoro Cornelio (latín: Artemidorus Cornelius) foi un médico grego nado en Perge, en Panfilia, ou segundo algunhas edicións de Cicerón en Pérgamo, en Misia. Traxectoria Foi un dos axentes de Verres, a quen axudou no roubo do templo de Diana en Perge cando Verres era legado de Cneo Dolabella en Cilicia no ano -79 e despois en Sicilia durante o seu período como pretor entre o -72 e o -69, onde serviu como un dos xuíces (recuperatores) no caso de Ninfo. Crese que o seu nome orixinal era Artemidoro e que foi escravo e despois liberto de Cneo Dolabella e tomou o nome de Cornelio. Cicerón menciónao como Cornelius medicus nun lugar, como Artemidorus Pergacus noutro e como Artemidorus Cornelius nun terceiro, pasaxes que claramente se refiren sempre á mesma persoaW.A.G., 3.Artemidorus Cornelius en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 374.
Notas
Categoría:nados no século -I Categoría:finados no século -I Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Médicos