A raza ovina Churra, pertence ao tronco Churro, é unha ovella rústica das máis primitivas da Península Ibérica. Forma parte do grupo de razas autóctonas máis importantes de España, pola súa alta especialización na produción de leite e polo seu elevado censo.

A principal zona de expansión da raza coincide coa Submeseta norte do centro peninsular, concretamente co val do Douro, correspondéndose en grande medida coa Comunidade autónoma de Castela e León.

Morfoloxía Trátase dunha ovella de tamaño medio, lonxilínea, de la longa e basta, pigmentación centrífuga e trazos leiteiros. O aspecto destas ovellas é de gando rústico con vélaro espeluxado.

A capa é branca con coloración periférica en negro (ou pardo) que afecta á porción terminal das orellas, arredor dos ollos, labios e morro, partes distais das extremidades, rexión umbilical e outras zonas.

Os cornos existen en machos e femias aínda que se tenden a eliminar.

+MachosFemiasAltura á cruz (cm)8168Peso (kg)7366CornosEn ambos, aínda que con tendencia a eliminarse.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Colmenareña

Categoría:Ovellas