León Roffe Leví foi un químico hispano-marroquí, catedrático da Universidade de Granada.

Traxectoria De orixe sefardí, o profesor Roffé afincouse na localidade de Al-Hoceima, no antigo protectorado español no Rif (Marrocos). Tratou de manterse afastado da Europa continental por temor ao holocausto e ás correntes antisemitas de inicios do século XX.

Foi profesor da materia de física e química no instituto Gaspar Melchor de Jovellanos de Alhucemas mentres esta cidade se mantivo baixo soberanía española (1956). Coa integración no reino de Marrocos e as contundentes represalias ordenadas polo rei Hasan II nos chamados "Anos de Chumbo", toda a familia emigrou cara a Andalucía.

No ano 1961 rexeitou a saída no barco Egoz, que partiu de Alhucemas cara ao Estado de Israel e que no seu afundimento levou 44 vidas, moitas delas da familia Roffé-Leví. Asentouse na cidade de Málaga coa súa familia política, onde faleceu por causas naturais. Obtivo a nacionalidade española definitiva no ano 1975.

Tralo seu paso pola educación formativa en Alhucemas, en 1985 integrouse definitivamente na Universidade de Granada, onde obtivo a cátedra de Química. Obtivo a xubilación en 1989.

Seguiu vencellado a Marrocos por medio do campus de Melilla, ligado á devandita universidade.

A súa obra máis coñecida é a súa tese de doutoramento: Contribución ao estudo físico químico das terras agrícolas, publicado no 1952 e dispoñible na Universidade Complutense de Madrid.

Vida persoal

Casou con María Gómez, filla do alcalde de Villa Sanjurjo, Florián Gómez Daroca.

Obra

Contribución al estudio fisicoquímico de las tierras agrícolas. Tese de doutoramento. Universidade Complutense de Madrid (1952). Artigo de autoría colectiva: "Una experiencia didáctica hacia un modelo diferente de enseñanza". Autores: Antonio de Pro Bueno, Juan Carlos Feliú Zamora, León Roffé Levy, Jacob Chocrón Murciano e José M. Cabo Hernández. Publicaciones pp. 67-95 : Universidad de Granada (1984) .

Notas

Categoría:Químicos de España Categoría:Catedráticos da Universidade de Granada Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid