O Ducado da Bretaña (en , e en ) é o conxunto político que sucedeu despois dos reinos da Bretaña unificándoos, na Alta Idade Media na Bretaña (Francia).
Historia Empezou no século IX e disolveuse no ano 1532 ao unirse ao reino de Francia. O personaxe máis destacado foi a duquesa Ana da Bretaña (Nantes, 25 de xaneiro de 1477 - Blois, 9 de xaneiro de 1514), que foi duquesa titular da Bretaña e por dúas veces raíña consorte de Francia.
Soberanos da Bretaña Reino da Bretaña (séc. IX - séc. X)
Os carolinxios someteron aos bretóns no século VIII, pero as diversas expedicións organizadas durante os reinados de Carlomagno e Ludovico Pío mostran que os bretóns permaneceron insubmisos. En 831, Ludovico Pío cambiou de estratexia: pactou con Nominoe, un nobre bretón ao que fixo conde de Vannes, e nomeouno missi dominici para os territorios bretóns. Nominoe é considerado o Pai da Patria bretoa. Os seus sucesores até a invasión normanda noméanse reis da Bretaña. A lista de reis da Bretaña á a seguinte: Erispoe (851-857) Salomón I (857-874) Pascweten (874-877) Iudicael (877-888) Alan I (890-907) Gourmaelon (908-913)
Ducado da Bretaña (séc. X - séc. XVI) thumb|A Kroaz Du (Cruz Negra), estandarte do ducado da Bretaña desde o século XIV.
A pesar da soberanía nominal francesa, o ducado foi case independente até 1532, ano en que foi incorporado definitivamente a Francia. Os duques da Bretaña até 1532 foron:
Dinastía de Nantes O ducado naceu en 936, ao final da ocupación normanda da Bretaña. Alan II, neto do último rei da Bretaña, Alan I, liberou o país do xugo normando e converteuse no primeiro duque da Bretaña. Alan II (938-952) Drogón (952-958) Fulco II de Anjou (958-960) Hoël I (960-981) Guerech (981-988) Alan de Nantes (988-990)
Dinastía de Rennes Conan I (990-992) Godofredo I (992-1008) Alan III (1008-1040) Conan II (1040-1066) Havoisa (1066-1072), filla de Alan III
Dinastía de Cornualla (1066-1203) Hoel de Cornualla (1066-1084), casado con Havoisa Alan IV Fergent (1084-1119) Conan III (1119-1148) Bertha (1148-1154) Eudon II de Porhoet (1148-1154), casado con Berta, rexente (1148-1154)
Dinastías de Penthièvre, Plantagenet e Thouars En 1154, o conde de Cornualla, Hoel, herdou o condado de Nantes e, en 1066, casou con Havoisa, herdeira do ducado da Bretaña. O poder ducal durante a dinastía de Cornualla non foi moi forte até a intervención dos Plantagenet, condes de Anjou, duques de Normandía e reis de Inglaterra: en 1171, Henrique II de Inglaterra organizou o casamento do seu moi xove fillo Godofredo (morto en 1186) coa moi xove herdeira do ducado, Costanza (morta en 1201). Henrique II, co título de baillistre (rexente) foi o verdadeiro duque da Bretaña de 1166 a 1186, e o rei Ricardo I de Inglaterra, de 1186 a 1199. Conan IV o Negro (1154-1166), fillo de Berta e Alan o Negro, conde de Richmond (1154-1166, abdicou) Costanza da Bretaña (1166-1201), filla de Conan IV, nacida ao redor de 1161 Henrique II de Inglaterra (1166-1181) (rexente) Godofredo II Plantagenet (1181-1186), casado con Constancia Artur I da Bretaña (1196-1203), fillo de Constancia e Godofredo Plantagenet Guido de Thouars (1199-1201, e 1203-1213), casado con Costanza, e despois rexente da súa filla Adelaida ou Alix (1203-1221)
Dinastía de Dreux (1203-1341) A vitoria dos reis de Francia contra os Plantagenet provocou consecuencias na Bretaña. Despois da morte de Artur I, Filipe Augusto organizou o casamento da herdeira, Alix (filla de Costanza e do seu terceiro marido, Guido de Thouars) cun francés, Pedro de Dreux (Pedro I Mauclerc). Alix (1203-1221), filla de Costanza e Guido de Thouars (rexente desde 1203), casada con Pedro de Dreux en 1213 Pedro I Mauclerc (1203-1236), casado con Alix (rexente 1221-1236, renunciou) Xoán I da Bretaña (1236-1286) Xoán II da Bretaña (1286-1305) Artur II da Bretaña (1305-1312) Xoán III da Bretaña (1312-1341)
A guerra de sucesión da Bretaña (1341-1364) Despois da morte sen descendencia de Xoán III houbo un conflito entre Xoana de Penthièvre, sobriña de Xoán III, esposa de Carlos de Blois, apoiada polo rei de Francia, e Xoán de Montfort, medio irmán do duque, apoiado polo rei de Inglaterra. Xoán de Montfort morreu en 1345, pero Eduardo III de Inglaterra continuou a guerra na Bretaña, dirixida desde o 1352 por "tenentes xenerais" e capitáns ingleses.
Esta longa e devastadora guerra concluíu en 1364, coa vitoria en Auray dun exército dirixido por John Chandos e o fillo de Xoán de Montfort, tamén chamado Xoán. Carlos de Blois morreu durante esta batalla. Tras o tratado de Guérande (1365), Xoán de Montfort foi recoñecido como duque da Bretaña, vasalo do rei de Francia; Xoana de Penthièvre conservou o seu dominio.
Dinastía de Montfort (1364-1491) miniatura|Cadière da duquesa Ana da Bretaña (1498) Xoán IV da Bretaña (1341-1345) Xoán V da Bretaña (IV para os franceses) (1364-1399) Xoán VI da Bretaña (V para os franceses) (1399-1442) Francisco I da Bretaña (1442-1450) Pedro II da Bretaña (1450-1457) Artur III da Bretaña (1457-1458) Francisco II da Bretaña (1458-1488) Ana da Bretaña (1488-1514) Claudia de Francia (1514-1524) Francisco III da Bretaña (1524-1536)
Bretanna, Ducado da Bretanna