El Eternauta é unha serie web arxentina orixinal de Netflix de ciencia ficción dramática. Trátase dunha adaptación da clásica banda deseñada El Eternauta, publicada por vez primeira en 1957 e creada por Héctor Germán Oesterheld e Francisco Solano López. Está protagonizada por Ricardo Darín, Carla Peterson, o uruguaio César Troncoso, Andrea Pietra, Ariel Staltari, Marcelo Subiotto e Claudio Martínez Bel. Estreouse o 30 de abril de 2025, baixo a dirección de Bruno Stagnaro e a supervisión dun dos netos de Héctor Oesterheld.
En maio de 2025, Netflix renovou a serie para unha segunda tempada.
Personaxes Ricardo Darín como Juan Salvo Carla Peterson como Elena César Troncoso como Alfredo «Tano» Favalli Andrea Pietra como Ana Ariel Staltari como Omar Marcelo Subiotto como Lucas Herbert
Notas
Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión iniciadas en 2025 Categoría:Series de televisión da Arxentina