Afra Torrado (Bamio, Vilagarcía de Arousa, 15 de xuño de 1997) é unha persoa autora de banda deseñada e poeta galega.

Traxectoria Estudou Belas Artes na Universidade de Vigo, na Facultade de Belas Artes de Pontevedra,15x15px e Deseño e Xestión da Produción Gráfica no CIFP Montecelo. Publicou varias obras de poesía nas revistas Dorna e Ligeia. Coordina dende 2015 xunto con Rocío Martínez o fanzine Infumable, enfocado na poesía e ilustración, e cofundou xunto con Pablo Rodríguez a non-editorial Leite Edicións no ano 2018.

No ano 2023 publicou o seu primeiro cómic Fago o que podo coa editorial Rodolfo e Priscila, co que gañou os Premios Follas Novas do Libro Galego na categoría de banda deseñada ao ano seguinte. No ano 2015 gañou un accésit nos Premios Literarios Minerva na categoría de narrativa con A danza da Mosca e acadou o primeiro posto na IX edición do Certame de poesía Xela Arias.

Obras Fanzine Poesía Caracolas (2014). Vilagarcía de Arousa: Autopublicado. Cuspe (2015). Vilagarcía de Arousa: Autopublicado. Bragas (2015). Vilagarcía de Arousa: Autopublicado. Poema Urxente (2016). Vilagarcía de Arousa: Autopublicado. Nas cidades (2017). Vilagarcía de Arousa: Autopublicado Ruralidade Foleira (2017). Vilagarcía de Arousa: Autopublicado. Allo (2017). Vilagarcía de Arousa: Autopublicado. Agullas (2018). Vilagarcía de Arousa: Autopublicado. Crucifixión (2018). Vilagarcía de Arousa: Leite Edicións. Escaparate (2020). Vilagarcía de Arousa: Leite Edicións. Narvais (2021). Vilagarcía de Arousa: Leite Edicións. Wok King (2023). Vilagarcía de Arousa: Leite Edicións.

Banda deseñada Señora Barbuda (2018). Vilagarcía de Arousa: Leite Edicións. Distopía (2019). Vilagarcía de Arousa: Autopublicado. Señora Barbuda 2 (2020). Vilagarcía de Arousa: Leite Edicións. Manual Neofalante (2023). Vilagarcía de Arousa: Leite Edicións. Señora Barbuda 4 (2024). Vilagarcía de Arousa: Leite Edicións.

Outros Eu x dentro (2022). Vilagarcía de Arousa: Leite Edicións. Facer un fanzine (se nunca fixeches un) (2023). Vilagarcía de Arousa: Leite Edicións. Memoria de prácticas (2024). Vilagarcía de Arousa: Leite Edicións.

Banda deseñada Fago o que podo (2023). Santiago de Compostela: Rodolfo e Priscila. ISBN: 9788412785203.

Obras colectivas No seu despregar (2016). A Coruña: Apiario. ISBN: 9788494321078. Poesía Galega Novísima (2020). Barreiro: Urutau. ISBN: 978-65-5900-003-4. Entre Leiras e Labores (2022). Barreiro: Urutau. ISBN: 9786559003679. Cartas do Inferno (2024). Ourense: Edicións Baixo Terra (fanzine).

Premios 1º Accésit XLIII Premios Literarios Minerva 2015 por A danza da Mosca. IX edición do Certame de poesía Xela Arias 2015. Premios Follas Novas 2024 por Fago o que podo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

15x15px

Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1997 Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Persoas non binarias