Jorge Val Díaz, nado arredor de 1957 e finado no Hospital de Burela o 10 de xuño de 2025, foi un traballador metalúrxico e político galego do PSdeG-PSOE, alcalde de Alfoz entre 2015 e 2023.

Traxectoria Tamén coñecido co alcume de "Jorge do Chinclavo", era traballador en Alcoa na factoría de San Cibrao, Cervo, onde estivo a traballar dende 1979 até que se xubilou en 2018.

Carreira política Foi concelleiro polo PSdeG-PSOE dende 1983. Despois foi alcalde entre 2015 e 2023. Nas eleccións municipais de 2015, acadou a alcaldía tras pactar co partido independente Veciños Independentes de Alfoz (VIA). Nas eleccións de 2019, conseguiu a maioría absoluta e nas eleccións de 2023, malia ter a lista máis votada, e habendo empate de concelleiros, cedeu a alcaldía a VIA na persoa de Efigenia Maseda, e pasou a ser tenente de alcaldesa.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Eleccións municipais en Alfoz do Castrodouro

Categoría:Alcaldes de Alfoz do Castrodouro Categoría:Finados en 2025 Categoría:Nados no século XX Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Políticos do PSdeG-PSOE