Anfícrates (en latín Amphicrates e en grego antigo Ἀμφικράτης) foi un escultor grego, probabelmente de Atenas. Plinio o Vello é o único autor que o menciona. Traxectoria Esculpiu unha estatua na honra dunha hetera ateniense chamada Leaina (Λέαινα, a leoa), amante de Aristoxitón (Ateneo di que o seu amante era Harmodio). Leaina soubera a través dos seus amantes da conspiración que estaban preparando contra Hiparco, irmán do tirano Hipias, no ano -514, a quen mataron. Leaina foi torturada polos tiranos para revelar os nomes dos seus cómplices, pero non dixo nada.

Os atenienses quixeron honrar o seu silencio e encargáronlle a Anfícrates que fixese unha estatua da muller. Pero non viron con bos ollos o feito de honrar unha hetera representándoa en mármore, e decidiron que o escultor debía representar unha leoa, e para indicar o que se quería conmemorar, esculpiuna sen lingua.

Non se sabe nada sobre a época na que viviu Anfícrates, agás que se considera que a estatua foi feita pouco despois da expulsión dos pisistrátidas, no ano -510Amphicrates en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 149.

Notas

Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:personalidades de Atenas na Antigüidade Categoría:Nados no século -VI Categoría:Finados no século -VI Categoría:Escultores da arte grega antiga