Francisco José Estévez García nado en Vilagarcía de Arousa o 11 de abril de 1980, é un director e guionista galego.

Traxectoria Formou parte da primeira promoción da Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia. É fundador de Hipotálamo Films, coa que en 2004 dirixiu Metamorfosis, adaptación do relato de Franz Kafka.

No 2005 colaborou na mediometraxe La Canción de Fémerlin de Manuel Pena, para a que compuxo a música pianística, ademais da montaxe en estilo de cine mudo. Realizou tamén a micrometraxe El Humanoide (2007) e a curta experimental Titanio & Plutonio (2010).

No 2013, estreou Idiotas, protagonizada por un rapaz cunha discapacidade e o seu can falador que atopan uns misteriosos globos por toda a cidade de Santiago de Compostela cunha curiosa mensaxe: "Desínflame poco a poco...".

Filmografía Hipotálamo. Director, produtor, guionista e músico. (2002) Ruido Blanco. Montador e músico. (2002) Fandango. Director e montador. (2003) Ipso Facto. Montador e músico. (2003) Equinoccio. Director e guionista. (2003) Metamorfosis. Director, guionista, montador, sonidista e músico. (2004) A Canción de Fémerlin. Axudante de dirección, montador e músico. (2005) El Humanoide. Director, actor (contorsionista), montador e sonidista. (2007) Titanio & Plutonio. Director, actor, postprodutor e músico. (2010) Idiotas. Director, produtor, escritor, postprodutor e músico. (2013)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha AVG. Páxina de Hipotálamo Films

Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1980