Antonio Muñoz Molina, nado en Úbeda (Xaén) o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor español e académico de número da Real Academia Española (1995). Actualmente reside en Nova York, onde dirixiu o Instituto Cervantes ata mediados de 2006.

Traxectoria Estudou Historia da arte na Universidade de Granada e Xornalismo na Universidade de Madrid. Nos anos oitenta establécese en Granada, onde traballa como funcionario e colabora como columnista no diario Ideal. O seu primeiro libro á unha recompilación deses artigos e aparece en 1984 baixo o título El Robinsón urbano.

A súa primeira novela, Beatus ille, aparece en 1986. Nela figura a cidade imaxinaria de Mágina, trasunto da súa natal Úbeda que reaparecerá noutras obras súas.

En 1987 gaña o Premio da Crítica de narrativa castellana e o Premio Nacional de Narrativa por El invierno en Lisboa e en 1991 o premio Planeta por El jinete polaco, pola que volve a ser Premio Nacional de Narrativa en 1992.

Outras obras destacadas son Beltenebros (1989) unha novela de amor e intriga no Madrid da posguerra con implicacións políticas; Los misterios de Madrid (1992 -publicada inicialmente como serial a capítulos no diario El País -o título fai referencia ó folletín do século XIX Los misterios de París, de Eugène Sue-); e El dueño del secreto (1994).

Está casado coa tamén escritora Elvira Lindo, coa que ten un fillo.

Obra Narrativa Beatus Ille (1986). El invierno en Lisboa (1987). Las otras vidas. Relatos (1988). Beltenebros (1989; Hai versión cinematográfica). El jinete polaco (1991). Los misterios de Madrid (1992). Nada del otro mundo. Relatos (1993). El dueño del secreto (1994). Ardor guerrero (1995). Plenilunio (1997; Hai versión cinematográfica). La colina de los sacrificios (1998). Carlota Fainberg (1999). En ausencia de Blanca (2000). Sefarad (2001). La poseída (2005). El viento de la Luna (2006). Días de diario (2007).

Ensaio Córdoba de los Omeyas (1991). La verdad de la ficción (1992). La realidad de la ficción (1993). Las apariencias (1995). La huerta del Edén: escritos y diatribas sobre Andalucía (1996). Destierro y destiempo de Max Aub (1996). Escrito en un instante (1997). Pura alegría (1998).

Outros El Robinson urbano (1984). Colección de artigos xornalísticos. Diario del Nautilus (1985). Colección de artigos xornalísticos. La huella de unas palabras (1999). Antoloxía dialogada realizada por José Manuel Fajardo. Unas gafas de Pla (2000). Colección de artigos xornalísticos. La vida por delante (2002). Colección de artigos xornalísticos. Ventanas de Manhattan (2004). Diario de viaxe.

Premios e recoñecementos 1986: Premio Ícaro de Literatura por Beatus Ille. 1988: El invierno en Lisboa: Premio Nacional de Narrativa. Premio Nacional de la Crítica. 1991: Premio Planeta por El jinete polaco. 1992: Premio Nacional de Narrativa por El jinete polaco. 1995: É elixido membro da Real Academia da Lingua Española. 1997: Premio Euskadi de Prata. 1998: Plenilunio: Premio Femina Etranger á mellor obra estranxeira publicada en Francia. Premio Elle. Premio Crisol. 2003: Premio Mariano de Cavia polo seu artigo Lecciones de septiembre. Premio González-Ruano polo seu artigo Los herederos.

Véxase tamén Ligazóns externas Mumonline | Open Directory: Arquivo aberto de enlaces Páxina dedicada a Antonio Muñoz Molina Biografía e obras Diario del nautilus (recensión e fragmentos) Recensión de El invierno en Lisboa

Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Académicos da Real Academia Española Categoría:Premio Nacional de Narrativa de España Categoría:Nados en Úbeda Categoría:Nados en 1956 Categoría:Premios Princesa de Asturias das Letras Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Villanova