Roberto López Cagiao, máis coñecido como Rober Cagiao ou Rober H.L. Cagiao, nado en Bañobre en 1976, é un escritor galego de novela negra en lingua castelá e lingua galega.
Traxectoria Diplomado en Ciencias da Educación, dedicouse un tempo á música gravando con Trashnos. Despois traballou dezasete anos nun supermercado. Entre 2019 e 2025 publicou quince novelas de misterio, do xénero negro, todas elas con ambientación principal en Galicia, a maioría editadas por el mesmo. Destaca a saga El Guardián de las Flores, con trece novelas, case dúas mil páxinas e 60.000 exemplares vendidos ata 2025. Na súa obra mestúranse lendas, crimes, emoción e misterio.
É un dos coordinadores da Feira da Cultura en Camiño en Miño.
Obras
Saga El Guardián de las Flores El Guardián de las Flores (2019). Círculo Rojo. ISBN 9788413383514. É un thriller que une as lendas co misterio, asasinatos e unha historia chea de interrogantes ata o remate. Ambientada nas Fragas do Eume. La Piedra del Destino (2020). Círculo Rojo. ISBN 9788413747514. Ambientada no Barbanza. El Asesino del Camino Norte (2020). Círculo Rojo. ISBN 978-8413508160. La Ley del Pueblo (2021). Círculo Rojo. ISBN 9788413639116. Cuadernos Azabache (2021). Círculo Rojo. ISBN 9788413855172. La Virgen de la Peregrina (2021). Círculo Rojo. ISBN 9788413988436. La Maldición de los Zanchos (2021). Círculo Rojo. ISBN 9788411114721. Letras de ozono (2022). Círculo Rojo. 278 páxs. ISBN 978-84-1128-676-3. Ocaso (2022). Círculo Rojo. 306 páxs. ISBN 978-84-1145-110-9. Ambientado en Rianxo.
Saga Misterios de Ferrolterra Los Desahuciados (2020). ISBN 979-8638387181. En llamas (2020). Auto edición. ISBN 979-8-6936-5507-2. Exorcismo en Ferrolterra (2021). Knowmadas Noir. ISBN 978-84-09-36442-8. A irmandiña (2022). Knowmadas Noir. ISBN 978-8357492753. Comeza aos pés do Castelo de Moeche.
Triloxía da inspectora Bibiana Galdós e o inspector Martín Lasarte A Dama de Anboto (2025). Calacán Libros. 338 páxs. ISBN 979-13-990443-0-0. Ambientada en Portomarín e a cova de Anboto (Euskadi). La Dama de Anboto (2025). Vr Europa. ISBN 9791387601164. En castelán, tradución do autor. Cadea de favores (2026). Calacán. 294 páxs. ISBN 979-13-990443-3-1. En galego. Cadena de favores (2026). Vr Europa. 288 páxs. ISBN 979-13-87601-71-3. En castelán.
Outras novelas
Entroido (2024). Knowmadas Books. ISBN 9788412758719. Galego. Ambientada en Galicia e Barcelona. Entroido. Caza mortal (2024). Knowmadas Books. ISBN 9788412758726. Castelán.
Premios
Premio Círculo Rojo á mellor novela de misterio, por El Guardián de las flores.
Notas
Categoría:Nados en Miño Categoría:Nados en 1976 Categoría:Escritores de novela negra Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá