Santo André do Castro de Beiro é unha parroquia que se localiza ao noroeste do concello de Ourense. Segundo o INE en 2021 tiña 127 habitantes (4 máis que o ano anterior).
Toponimia A orixe do topónimo é o latín , que fai referencia a unha fortaleza ou poboado fortificado.
Historia Baixo os cimentos da igrexa parroquial había un asentamento prerromano. Entre 1836 e 1943 pertenceu ao Concello de Canedo. Desta parroquia foi cura Basilio Álvarez, quen promoveu o movemento agrario a comezos do século XX.
Por outra parte, compre falar da igrexa parroquial, que se encuadra dentro do denominado tipo "clásico" do románico galego, a principios do século XIII.
Camiño de Santiago O Camiño de Santiago pasa por Castro de Beiro, seguindo por Reguengo, Madrás e Casanovas para chegar a Cea, o que supón un atallo con respecto á ruta por Cudeiro. Deporte
Cada ano, o Rally Ribeira Sacra cruza os seus territorios, atraendo a centos e centos de espectadores, polo que é un acontecemento relevante para toda a parroquia. Ademais, en 2022 celebrouse a Subida a Castro de Beiro de car-cross.
Pola parroquia discorre unha ruta de sendeirismo.Beiro, WikiLoc.
Lugares e parroquias Lugares do Castro de Beiro
Parroquias de Ourense
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ourense
Categoría:Parroquias de Ourense Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo André Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía