Aristón de Megalópole (en grego: Ἀρίστων) foi un político da Liga Aquea, natural de Megalópole, que no ano -170 aconsellou á Liga que fixese unha alianza cos romanos contra o rei Perseo de Macedonia e que non permanecese neutral entre os dous bandos enfrontados.
Ao ano seguinte foi embaixador da Liga para negociar a paz entre o rei seléucida Antíoco IV Epífanes (de -174 a –164) e Ptolomeo VI Filométor (de -180 a -164 ), segundo Polibio. Notas Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Personalidades de Megalópole na Antigüidade Categoría:finados no século -II