San Mamede de Palmés é unha parroquia situada ao norte do concello de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 254 habitantes (127 homes e 127 mulleres). Entre 1836 e 1943 pertenceu ao Concello de Canedo.
Patrimonio O mosteiro de Santa Comba de Naves foi un mosteiro beneditino. Pénsase que foi fundado no ano 888 por Afonso III. O 26 de abril de 1499, prior da orde de San Bieito de Valladolid, incorporou o mosteiro de Naves e mais o de San Pedro de Rocas ao mosteiro de Celanova. Porén, o 23 de xullo dese mesmo ano decidiu asocialos ao mosteiro de San Paio de Antealtares, pero Celanova presentou un recurso en Valladolid. Finalmente, o papa León X validou a anexión a Celanova, que xa declarara Xulio II. Desde entón, Santa Comba é un priorado administrativo de Celanova. Na idade moderna foi abandonado, sendo reconstruído en 1760, e estivo activo con tres ou catro monxes até a desamortización de 1836.
A construción tiña planta baixa e dous andares, con capacidade para 12 monxes. Tiña unha capela de época moderna e un pombal.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Palmés
Parroquias de Ourense
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ourense
Categoría:Parroquias de Ourense Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Mamede